|
 |
Gala do Deporte de Narón |
|
BASES DA XXI GALA DO DEPORTE DE NARÓN
-
1.- REQUISITOS QUE DEBE CUMPRIR CALQUERA PREMIADO/A DA GALA DO DEPORTE.
Común a todas as categorías: para ter dereito aos nomeamentos, o período de presentación de candidaturas será do 20 de setembro ao 17 de outubro de cada ano e
deberá cumprir, como mínimo, un dos seguintes requisitos:
- a) Ser residente en Narón.
- b) Pertencer a equipos de Narón (polo menos que esta sexa a súa 3ª tempada, excepto que proceda das escolas deportivas de base).
- c) Por circunstancias especiais, estar fóra do Concello e que, a xuízo do club, federación ou xurado, poida ser nominado/a.
-
2.- PREMIOS
2.1.- MELLORES DEPORTISTAS POR CADA ESPECIALIDADE:
Entregaranse dous premios:
- 1. Mellor deportista da especialidade: farase sobre deportistas de calquera idade que cumpran os requisitos comúns a todas as categorías.
- 2. Mellor deportista de base da especialidade: deben ter, como máximo, 17 anos durante este ano e cumprir os requisitos comúns a todas as categorías.
2.2.- MENCIÓNS ESPECIAIS
-
1. Mellor promesa: nesta mención enmarcaranse aqueles e aquelas deportistas que aínda non chegaron á súa plenitude deportiva, ben pola súa idade ou
ben pola súa curta vida deportiva, pero que xa acadan resultados destacados na súa especialidade, o que fai pensar que si son capaces de progresar ao
longo dos próximos anos e que se consolidarán como grandes deportistas. Ademais, deberán cumprir os requisitos comúns de todas as categorías.
2. Mellor traxectoria deportiva: nesta mención enmarcaranse aqueles e aquelas deportistas que estean totalmente formados e consolidados deportivamente
e que a súa transición dende as categorías de base ata a actualidade fora marcando unha traxectoria ascendente ata consolidarse como grandes deportistas.
Ademais, deberán cumprir os requisitos comúns de todas as categorías.
-
3. Mellor adestrador/a: farase sobre adestradores/as profesionais ou afeccionados de calquera idade e sexo que cumpran os requisitos comúns a todas as
categorías.
-
4. Polo traballo, dedicación deportiva e humana ao longo de moitos anos no noso concello: terase en conta o que indica a propia mención, e deberá
cumprir os requisitos comúns a todas as categorías.
-
5. Mención especial (que non ten porque darse todos os anos): calquera mención que o xurado considere oportuna nun momento dado e non apareza
especificada nos anteriores apartados.
2.3.- MELLOR CLUB
Tal e como indica o título outorgaráselle ao mellor club da presente campaña e que teña máis dun ano de antigüidade en Narón.
2.4.- MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN
Este ou esta deportista elixirase entre os mellores deportistas da especialidade deste ano.
3.- REQUISITOS PARA OS CLUBS E / OU FEDERACIÓNS PARA ENTREGAR OS CURRÍCULOS.
3.1.- Débense entregar os currículos dentro do prazo establecido. No caso de que algún ou algunha deportista conseguise un campionato moi destacado
despois do prazo de entrega (17 de outubro), e antes da reunión do xurado, deberán comunicalo ao Padroado de Deportes para que se poida ter en conta
nesa reunión. O prazo máximo para a dita entrega será o 31 de outubro.
- 3.2.- Cada club e / ou federación nomeará dous candidatos como máximo de cada especialidade.
-
3.3.- Os méritos que se han valorar para os premios de mellor deportista de especialidade e mellor deportista de Narón faranse desde a celebración da
última Gala ata a celebración da actual. Polo tanto, pídese que as persoas candidatas a mellor deportista da especialidade presenten o currículo deste
último ano.
-
3.4.- A presentación da candidatura farase cubrindo o modelo que poden atopar na páxina web do Concello (www.naron.es) picando no logotipo de deportes.
Unha vez cuberto e asinado, o impreso deberá presentarse do seguinte xeito:
Nas oficinas do Padroado de Deportes (estrada da Gándara nº 148 – Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, de 09:00 a 13:00 horas). O impreso,
debidamente cuberto, virá acompañado dun CD coas fotografías dos nomeados en formato JPG (a poder ser desenvolvendo a actividade deportiva).
É imprescindible a presentación do modelo de autorización para poder expoñer as fotografías dos e das deportistas ao longo do desenvolvemento da citada
Gala do Deporte, así como nas publicacións que sobre esta Gala se realicen.
|
|
|