Concello de Narón
Novas
O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DEPORNADAL PERMANECERÁ ABERTO ATA O 16 DE DECEMBRO
A iniciativa é de balde e diríxese a nenos e nenas de Narón de entre 6 e 12 anos
Narón, 11 de decembro de 2015. O Concelleiro de Deportes, Román Romero, anunciou a apertura do prazo de matrícula no programa municipal DeporNadal 2015, convocado a través do Padroado de Deportes de Narón. Trátase dunha proposta multideportiva dirixida a nenos e nenas empadroados na localidade, de entre 6 e 12 anos, e que inclúe o desenvolvemento de varias actividades en instalacións deportivas locais os vindeiros días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro de 2016. As actividades son de balde e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o día 16 de decembro na conserxería do Polideportivo Municipal da Gándara, onde deberán entregar a pertinente solicitude –que se pode descargar das páxinas web: www.naron.es e www.padroadodeportesnaron.com- entre as 09.00 e as 13.00 e de 15.15 a 23.00 horas. Poderán anotarse en todas as actividades que o desexen, das doce que se ofertan, e non hai límite de prazas. Cada día realizaranse dúas actividades, sempre en horario de mañá, sendo a primeira entre as 10.00 e as 11.30 e a segunda de 11.30 a 13.00. O vindeiro 21 será o turno das de Voleibol e Judo –no polideportivo da Gándara-; o día 22 as de Tiro con arco e Patinaxe –no Pavillón da Mocidade-; o 23 as de Baloncesto e Balonmán; o 28 as de Atletismo e Natación –estas catro últimas tamén no polideportivo da Gándara-. O Campo da Serra será o lugar onde se desenvolverán, o día 29, as sesións de Fútbol sala e Tenis de mesa. O mércores 30 programáronse as sesións de Pádel, que serán dunha única xornada de tres horas, de 10.00 a 13.00. Neste caso, os participantes de 6 a 9 anos deberán presentarse ás 10.00 horas no Scholl Padel Center (Avenida Jesús Fernández Pita), no polígono de Río do Pozo e serán recollidos no mesmo lugar ás 13.00 horas; se ben os nenos e nenas de 10 a 12 anos terán que facer o propio, á mesma hora, no Pádel San Mateo (Lugar da Igrexa s/n), a onde voltarán ás 13.00 horas. Por último, o luns 4 de xaneiro será o turno do Golf, tamén cunha única xornada de tres horas, de 10.00 a 13.00, nas instalacións de Club de Golf Campomar, no Val.
Descarga de archivos
Inscricións
Tamaño:105,91 KB
Cartel
Tamaño:812,01 KB
Horarios
Tamaño:110,22 KB
www.naron.es