Concello de Narón
Novas
O ALCALDE E O PRESIDENTE DA ESCUDERÍA SIROCO NARÓN ASINARON O CONVENIO DO "XXIX RALLYE CIDADE DE NARÓN"
O evento disputarase os días 10,11 e 12 de xuño na localidade
Narón, 3 de xuño de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou esta mañá co presidente da Escudería Siroco Narón, Antonio Sueiras, o convenio de colaboración, por importe de 41.000 euros, para a celebración da vixésimo novena edición do Rallye Cidade de Narón, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de xuño na localidade. Ao acto acudiu tamén o concelleiro de Deportes, Román Romero. O rexedor local valorou o traballo realizado pola organización para celebrar un ano máis esta proba deportiva, cuarta cita puntuable para o Campionato Galego de Rallyes de Asfalto e no que participarán algo máis dun cento de equipos. Pola súa parte, o representante da Escudería Siroco Narón agradeceu a colaboración que presta cada ano o Concello de Narón para o desenvolvemento deste Rallye.
www.naron.es