Concello de Narón
Novas
OS XOGADORES DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL SALA FIRMARÁN AUTÓGRAFOS EN ODEÓN
Os afeccionados poderán ver aos xogadores a partir das 13.00 horas no citado centro comercial naronés
Narón, 27 de xullo de 2016. Os xogadores da selección española de fútbol sala estarán o día 29 de xullo nas instalacións do Centro Comercial e de Ocio Dolce Vita Odeón –fronte ao espazo que ocupaba a firma Miró- para firmar autógrafos. Así o avanzou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que indicou que os afeccionados poderán ver aos integrantes do equipo a partir das 13.00 horas, cando dará comezo a citada firma de autógrafos. Así mesmo, tamén na xornada do 29 e ás 13.00 horas, o Concello de Narón acollerá unha recepción institucional ás seleccións nacionais de fútbol sala de España e Exipto, que presidirá o alcalde, José Manuel Blanco, e á que asistirán representantes das directivas de ambas seleccións, ademais do concelleiro de Deportes, Román Romero, entre outros. As entradas para ver o partido que a selección de España disputará coa de Exiptoo día 29 –a partir das 21.30 horas no pavillón polideportivo da Gándara- poden adquirirse de xeito anticipado no citado pavillón –en horario de 10.00 a 13.00- ou na delegación ferrolá da Federación Galega de Futbol (na rúa Venezuela, en Ferrol). O prezo é de dez euros para adultos e de cinco euros para menores de doce anos. O aforo das instalacións deportivas nas que se disputará o partido, preparatorio para o Mundial de Colombia, está limitado a mil persoas.
www.naron.es