Concello de Narón
Novas
AS PISCINAS PRINCIPAL E TERAPÉUTICA DO PAVILLÓN DA GÁNDARA REABREN PARA O BAÑO LIBRE
O edil de Deportes, Román Romero, recordou que o resto de escolas municipais e os cursos de natación comezarán a partir do 1 de outubro
Narón, 14 de setembro de 2016. As piscinas principal e terapéutica do pavillón polideportivo da Gándara reabirán as súas desde o día 15 de setembro, para as sesións de baño libre. O concelleiro de Deportes, Román Romero, explicou que poderán utilizarse tanto a piscina grande –de 25 metros de longo por 12,5 de ancho- como a terapéutica. As persoas interesadas en utilizar estas piscinas poden retirar un bono cun total de trinta e dous baños nas oficinas do Padroado de Deportes –no pavillón polideportivo da Gándara- ou solicitar directamente a entrada na conserxería do pavillón dez minutos antes de que comecen os turnos. Os horarios nos que permanecerán operativas as piscinas serán de luns a venres, de 8.00 a 13.15 e polas tardes de 15.15 a 23.00 horas, con quendas de 45 minutos, tal e como indicou Romero. Así mesmo, o edil recordou que o resto das Escolas deportivas municipais e os cursos de natación que se imparten nas citadas instalacións comezarán a desenvolverse a partir do vindeiro 1 de outubro.
www.naron.es