Novas
 
OS CAMPOS DE FÚTBOL DO VAL E RÍO SECO ACOLLERÁN O CAMPIONATO GALEGO PREBENXAMÍN DA FASE PROVINCIAL CORUÑA-LUGO
O edil de Deportes, Román Romero, recordou que neste evento participarán o vindeiro 20 de maio dezaséis equipos
Narón, 15 de maio de 2017. Os campos de fútbol do Val e Río Seco acollerán o sábado, día 20, o Campionato galego prebenxamín da fase provincial Coruña-Lugo. En total xogarán dezaséis equipos, e os gañadores en cada un dos campos representarán ás provincias de A Coruña e Lugo nos campionatos galegos. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou o evento acompañado polo directivo e o representante en Ferrolterra da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto e Manuel Mesa, respectivamente, e polo presidente da Sociedade Deportiva Narón-O Freixo, Juan José Rey, e o da Sociedade Deportiva O Val, Antonio López.
Entre os oito equipos que xogarán en Río Seco están o Narón-O Freixo; a S.D. O Pino; o C.D. Calasanz; o Rayo Sadense; o Victoria C.F; o Santiago de Compostela C.F.; o R.C. Villalbés e o SP. Burgo. Nos campos de fútbol do Val xogarán os outros oito clubes: O CD. Lugo “B”; o EF. Silleda; o X. Oroso, o EF. Ferrol; a UC. Cee; a AT. Ribeira; o Estrada FC. e o Ural CF. Os partidos disputaranse en dous campos, desde as 10.00 horas ata as 14.30, e pola tarde de 17.00 a 19.15 serán as fases de consolación, as semifinais e as finais e final de consolación, para a continuación proceder á entrega de trofeos.
Os dous equipos gañadores deste campionato enfrontaranse aos que gañen os provinciais que se disputarán con equipos de Ourense e Pontevedra.
A Federación Galega de Fútbol organizou este campionato en colaboración co Concello de Narón e cos clubes deportivos Narón-O Freixo e O Val. Manuel Mesa, en nome da delegación da Federación Galega de Fútbol asegurou estar “tremendamente orgulloso dos clubes desta delegación porque cada vez que chamamos á súa porta temos a súa colaboración”.
Pola súa parte, o presidente da Sociedade Deportiva O Val, Antonio López, agradeceu a confianza depositada pola Federación para disputar este evento no municipio e ao igual que o representante da Sociedade Deportiva Narón-O Freixo, Juan José Rey, valorou o respaldo do Concello naronés.
O edil de Deportes, Román Romero, convidou aos afeccionados ao fútbol a que se animen a acudir a esta cita deportiva, destacando tamén o traballo da Federación Galega de Fútbol e dos dous clubes da cidade que colaboraron na organización.



Últimas noticias
O COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ AS "IV XORNADAS SOLIDARIAS MARI CARMEN CABALLERO"
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "VII TORNEO DE ESGRIMA ANTIGA CIDADE DE NARÓN"
UNS DOUSCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO CLASIFICATORIO "NADA E CORRE"
UN TOTAL DE 250 PERSOAS PARTICIPARON NA PRIMEIRA ANDAINA DO ANO DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA QUE SE CELEBRARÁ EN NARÓN

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal