Novas
 
CORTES DE TRÁFICO EN VARIOS VIAIS DA ZONA URBANA NO "XXX RALLYE DE NARÓN"
O edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que as restriccións na circulación rodada serán o venres 16 a partir das 18.00 horas
Narón, 15 de xuño de 2017. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que mañá venres pola tarde, a partir das 18.00 horas, permanecerán pechados ao tráfico rodado varios viais da cidade debido á celebración do tramo urbán do “XXX Rallye Cidade de Narón”. Ata a finalización das probas previstas para mañá pola tarde non se poderá circular pola Rúa Rafael Bárez –no tramo comprendido entre a Rúa Eire e a Bispo Argaya-; a Bispo Argaya –entre a Rafael Bárez e a Estrada da Gándara-; a rúa María Casares; o vial Amalia Fraguela e a rúa San Xosé Obreiro –entre as rúas García Sabell e Vilar Ponte-.
Así mesmo, esta proba deportiva tamén implicará desvíos na circulación nas rúas que se comunican coas anteriormente indicadas, polo que desde a Policía Local recoméndase ao público asistente que teña en conta estas restriccións para evitar posibles retencións ou atascos na zona. Desde a Concellería de Seguridade Cidadá recoméndase acudir coa suficiente antelación e buscar estacionamento fóra dos viais afectados polo paso dos vehículos que participan nesta edición do rallye.
O edil de Seguridade Cidadá pediu desculpas á veciñanza polas posibles molestias que ocasionen estas medidas. Sánchez Fojo solicitou ademais a todas as persoas que acudan a ver a proba a máxima colaboración coa organización do “Rallye Cidade de Narón” e coas forzas de seguridade, atendendo ás súas indicacións, para que o evento, que congregará esta fin de semana na cidade a centos de afeccionados ao mundo do motor, se desenvolva sen incidencias.



Últimas noticias
A "XII CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN" CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O "XXX RALLYE CIDADE DE NARÓN" REUNIRÁ ESTA SEMANA A PRETO DE 150 EQUIPOS
CORTES DE TRÁFICO EN VARIOS VIAIS DA ZONA URBANA NO "XXX RALLYE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ANDAINA FINAL DA SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS"
UNHAS DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal