Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ANDAINA FINAL DA SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS"
A cita programouse para o vindeiro 2 de xullo e os asistentes participarán nun xantar comunitario na área recreativa de Pedroso
Narón, 15 de xuño de 2017. As persoas interesadas en anotarse na que será a última andaina convocada a través da segunda edición do programa municipal “Ponte en ruta con nós” poden facelo no pavillón polideportivo da Gándara. A camiñata terá lugar o vindeiro 2 de xullo, con saída ás 11.00 horas da praza do antigo Concello, en Xuvia. Os participantes subirán pola marxe do río Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, donde participarán nun xantar comunitario.
Esta nova ruta ten un prezo de 15 euros por persoa, unha cantidade na que se inclúe o pago do pertinente seguro e tamén o do menú, que será a base de churrasco, paella, café e postre. Así mesmo, habilitarase un servizo de autobús que sairá da área recreativa de Pedroso cara a Xuvia (o punto de saída) ás 10.35 horas, para aquela xente que queira deixar o coche en Pedroso e participar na ruta a pé desde Xuvia ata a área recreativa.
As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves, en horario de 10.00 a 13.00 e desde as 16.30 ata as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. Non poden participar neste programa menores de 18 anos sen ir acompañados do seu pai ou nai ou por un titor/a.
A Concellería de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca dan por rematada con esta andaina a segunda edición do programa “Ponte en ruta con nós”, iniciado en outubro do pasado ano e que incluíu un total de oito saídas por zonas de Narón e tamén doutros concellos da comarca.



Últimas noticias
AS PISCINAS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA REABRIRON PARA AS SESIÓNS DE BAÑO LIBRE
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO "XX TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO COLABORA CON ASOTRAME NA ORGANIZACIÓN DA "III CARREIRA SOLIDARIA"
O CONCELLO ORGANIZA O DÍA DO DEPORTE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DA GÁNDARA
A TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS" INCLÚE OITO SAÍDAS ATA XULLO DE 2018

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal