Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO "XX TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN"
O evento, organizado polo Concello e o Club de Remo Narón, terá lugar o día 23 de setembro na enseada da Gándara
Narón, 19 de setembro de 2017. O Club de Remo Narón e o Concello organizan o “XX Trofeo de Bateis Cidade de Narón”. A cita, presentada hoxe polo edil de Deportes, Román Romero, e o presidente do citado clube, Ignacio Cabana, terá lugar o sábado 23 de setembro na enseada da Gándara. O edil naronés recordou que o trofeo convocouse agora tras ter que anulala o pasado mes de marzo debido ao temporal, e facéndoo así coincidir cunha data que se adaptase á maioría dos clubes.
Ás 16.30 horas terá lugar unha exhibición de ximnasia, a cargo do Club Ximnasia Ferrolterra, (nas inmediacións das instalacións do clube de remo naronés) e a partir das 18.30 dará comezo a regata de bateis, na que ademais do Club de Remo Narón participarán outros procedentes da comarca, tal e como avanzou Cabana. Aqueles que desexen inscribirse poden aínda facelo –ata o venres día 22- a través do correo electrónico: remonaron@hotmail.com ou chamando ao número de teléfono 685 168 135 (Ignacio).
O percorrido, pola enseada da Gándara, será de 500 metros nas categorías Alevín e Infantil; de 1.500 no caso da de Cadetes e de 2.000 para os Senior.
O presidente do Club de Remo Narón agradeceu a colaboración do Concello, mentres que pola súa parte, o edil de Deportes destacou o traballo que realiza o clube na cidade e animou a outros clubes de remo a que participen neste trofeo e á veciñanza en xeral a acudir á convocatoria, “para gozar dunha xornada de deporte na zona da Gándara e apoiar así aos remeiros e remeiras que participarán este ano no evento”.


Descarga de archivos
CartelTamaño:
646,08 KB
Descargar


Últimas noticias
O "XIV TROFEO CIDADE DE NARÓN DE TIRO CON ARCO" CELEBRARASE NO PAVILLÓN CAMPO DA SERRA
MÁIS DE DOUSCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO "XXV TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN. XV MEMORIAL JAVIER LAGO"
O ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O "XVI TROFEO DE ATLETISMO CIDADE DE NARÓN"
O ADESTRADOR DO UNIVERSITARIO FERROL, LINO LÓPEZ AMADO, NOMEADO "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2017"
O SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES ABRIU O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DEPORNADAL

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal