Novas
 
O CONCELLO COLABORA CON ASOTRAME NA ORGANIZACIÓN DA "III CARREIRA SOLIDARIA"
As persoas interesadas en participar no evento, que se desenvolverá o 24 de setembro na zona da Gándara, poden inscribirse ata o vindeiro día 21 na web: www.carreirasgalegas.com
Narón, 19 de setembro de 2017. A “III Carreira Solidaria” da Asociación Gallega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame) celebrarase o domingo, día 24, no municipio. O concelleiro de Deportes, Román Romero, Cristina Piñeiro e David Vivar, presidenta e integrante de Asotrame, respectivamente, presentaron a convocatoria esta mañá no Concello.
A saída da carreira absoluta e da andaina programadas está prevista para as 11.00 horas das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara e os participantes realizarán un percorrido de cinco quilómetros nas categorías superiores, mentres que os Pitufos percorrerán 100 metros; os Escolares 1 un total de 1.000 e os Escolares 2 uns 1.500 metros pola zona da Gándara, tal e como indicou Cristina Piñeiro. Os participantes na carreira absoluta e na andaina recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
Os adultos deberán pagar oito euros ao anotaese e os menores incluídos nas categorías Escolares 1 ou 2 e Pitufos abonarán dous euros. As inscricións deben formalizarse a través da páxina web: www.carreirasgalegas.com ata o vindeiro xoves, día 21 ás 23.59 horas, indicou Vivar. Nesa mesma páxina poderanse realizar donativos para Asotrame, colaborando co Dorsal 0.
Os participantes deben retirar previamente os dorsais –o sábado 23- nas instalacións de Decathlon, en horario de 10.00 a 14.00 e desde as 17.00 ata as 21.00, ou no caso de recollelos o propio día 24 poderán solicitalos nas inmediacións do punto de saída ata unha hora antes do inicio da carreira.
O concelleiro de Deportes, Román Romero, asegurou que “estamos moi contentos do éxito que acada ano tras ano esta iniciativa, que xa vai pola súa terceira edición”. Así mesmo, animou á veciñanza de Narón e comarca a inscribirse “colaborando tamén cunha causa solidaria, como todos os anos, e para que se supere en cada edición o número de participantes, que o pasado ano case alcanzou as 1.200 persoas”.


Descarga de archivos
CartelTamaño:
99,62 KB
Descargar
CircuítoTamaño:
490,20 KB
Descargar


Últimas noticias
AS PISCINAS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA REABRIRON PARA AS SESIÓNS DE BAÑO LIBRE
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO "XX TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO COLABORA CON ASOTRAME NA ORGANIZACIÓN DA "III CARREIRA SOLIDARIA"
O CONCELLO ORGANIZA O DÍA DO DEPORTE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DA GÁNDARA
A TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS" INCLÚE OITO SAÍDAS ATA XULLO DE 2018

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal