Novas
 
O "XII TORNEO DE GOLF CIDADE DE NARÓN" DISPUTARASE NO CLUB DE GOLF CAMPOMAR
O evento conta coa colaboración do Concello e desenvolverase os días 27 e 28 de outubro
Narón, 25 de outubro de 2017. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou esta mañá no Consistorio a duodécima edición do “Torneo de golf Cidade de Narón” acompañado polo secretario do Club de Golf Campomar, Francisco Alarcón. O evento desenvolverase esta fin de semana, os días 27 e 28, nas instalacións do Club de Golf Campomar, no lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val. O Concello de Narón colabora un ano máis neste evento, a través do Servizo Municipal de Deportes. O concelleiro responsable da área animou aos afeccionados a este deporte a competir neste torneo, que se disputará en varias categorías e no que se repartirán un total de nove premios. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o propio venres día 27 antes das 12.00 horas na páxina: http://clubcampomar.com, nas instalacións do clube, ou chamando ao número de teléfono 981 453 910.
Alarcón explicou que o torneo, no que se espera a participación dun centenar de xogadores, comezará o venres ás 14.30 horas e o sábado disputarase en horario de mañá e tarde, desde as 9.00 e a partir das 14.30. Haberá trofeos para as modalidades de Scratch e para os primeiro, segundo e terceiro clasificados de primeira e segunda categoría, ademais de para o Mellor Aproach dos foxos 1 e 10 e para o Mellor Xogador Infantil. A entrega de premios, así como o sorteo de varios artículos de material deportivo, terá lugar o sábado, día 28, a partir das 20.00 horas.
“Trátase do torneo máis emblemático do Club de Golf Campomar e ao, tempo, sitúa a Narón no mapa autonómico do golf, ao ter xa unha gran tradición”, subliñou Alarcón.
Román Romero agradeceu o traballo realizado desde o clube para convocar ano tras ano este evento deportivo na cidade e animou á veciñanza a participar no torneo ou achegarse ás instalacións do clube no Val para gozar deste evento deportivo.



Últimas noticias
O "XXXI RALLYE CIDADE DE NARÓN" REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA A 139 PARTICIPANTES
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO NA GÁNDARA A FESTA DO DEPORTE
O CONCELLO COLABORA NO "I CAMPUS DE FÚTBOL E PÁDEL" QUE SE CELEBRARÁ A PARTIR DO 2 DE XULLO
UNHAS 120 PERSOAS PARTICIPARÁN NA "II CARREIRA POPULAR DE ORIENTACIÓN CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal