Novas
 
UN TOTAL DE 250 PERSOAS PARTICIPARON NA PRIMEIRA ANDAINA DO ANO DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
Os camiñantes realizaron un percorrido entre o Castelo da Palma, en Mugardos e Punta Coitelada, en Ares
Narón, 28 de xaneiro de 2018. A primeira andaina deste ano do programa municipal Ponte en ruta con nós congregou hoxe a un total de 250 persoas. A primeira hora da mañá o grupo saíu en autobús desde as inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara para realizar un percorrido duns trece quilómetros entre o Castelo da Palma, en Mugardos, e Punta Coitelada, en Ares. O tempo acompañou e os camiñantes tiveron a oportunidade de gozar dunha mañá practicando deporte ao aire libre e, ao mesmo tempo, gozando das excelentes vistas á ría e do patrimonio cultural da comarca.
A vindeira saída programada no marco desta iniciativa será o día 25 de febreiro, e discorrerá pola Senda da Memoria, no concello das Pontes, polas inmediacións do lago da vila. O tramo é duns nove quilómetros e está previsto realizalo en dúas horas, establecéndose o punto de recollida nas Pontes, ata donde chegarán os participantes nun autobús que sairá das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara.
As persoas interesadas en inscribirse na próxima andaina poderán facelo a partir do vindeiro 1 de febreiro, nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara, abonando a cota establecida, de tres euros. O horario para anotarse é de luns a xoves de 10.00 a 13.00 e entre as 16.30 e as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. As prazas son limitadas e non poderán acudir menores que non vaian acompañados por un adulto. Desde a Concellería de Deportes anímase á veciñanza a anotarse neste programa, donde as prazas se cubren por rigorosa orde de inscrición.



Últimas noticias
O COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ AS "IV XORNADAS SOLIDARIAS MARI CARMEN CABALLERO"
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "VII TORNEO DE ESGRIMA ANTIGA CIDADE DE NARÓN"
UNS DOUSCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO CLASIFICATORIO "NADA E CORRE"
UN TOTAL DE 250 PERSOAS PARTICIPARON NA PRIMEIRA ANDAINA DO ANO DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA QUE SE CELEBRARÁ EN NARÓN

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal