Novas
 
O CONCELLO E O MOTO CLUB FOJETEIROS CELEBRARÁN DO 1 AO 3 DE XUÑO A "XIII CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o presidente e a tesoureira do moto clube motociclista naronés, José María López Quintián e Raquel Rodríguez, respectivamente, presentaron a programación deste evento
Narón, 23 de maio de 2018. A décimo terceira edición da Concentración moteira Cidade de Narón celebrarse na cidade os vindeiros días 1, 2 e 3 de xuño, coincidindo este ano coa oitava edición das Xornadas de Turismo Activo. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou o evento acompañado por José María López Quintián e Raquel Rodríguez, presidente e secretaria, respectivamente, do Moto Club Fojeteiros. O prazo de preinscrición na convocatoria, que contempla varias actividades, comidas, ceas e rutas en moto pola comarca durante as tres xornadas, estará aberto ata o 28 deste mes, incluído, podendo formalizar as inscricións en Xuvia os días 1 e 2. En función dos días que asistan disporán de diferentes cuotas, podendo informarse a través do número de teléfono 697 269 102. O concelleiro de Deportes, Román Romero, animou a todos os afeccionados e afeccionadas ao mundo do motociclismo a desprazarse a vindeira fin de semana a Narón “para poder gozar dun evento que cada ano reúne na cidade a centos de persoas chegadas de diferentes comunidades autónomas”.
Na xornada do venres, día 1, inaugurarase o evento coa apertura de inscricións e co Mercadillo moteiro, ás 18.00 horas no paseo de Xuvia, e coa apertura das atraccións infantís. A partir das 21.30 horas, baixo unha carpa instalada na zona do paseo, servirase unha cea para os inscritos e ás 23.00 horas comezarán os concertos dos grupos Los malditos pendejos, Black Jack e Sintrom ni Son, tal e como explicou Quintián.
O sábado, indicaron desde Fojeteiros, os participantes inscritos almorzarán baixo a carpa de Xuvia sobre as 9.00 horas, para abrir ás 10.00 o prazo de inscricións para participar na Ruta Moto Turística que partirá ás 11.15 horas cara ao concello de Moeche, pasando por Cedeira –donde realizarán unha parada- e con visita ao Castelo de Moeche e posterior descanso para xantar nese municipio, na área recreativa de Souto Grande. A volta cara a Xuvia está programada para as 16.00 horas e ás 17.00 haberá unha exhibición de Stunt a cargo de Paulo Martinho e de Minimotos (DSVK Narón) na rúa Ceramistas, no polígono industrial de Río do Pozo. Xa pola noite, ás 21.30 servirase unha cea na carpa de Xuvia e ao remate da mesma entregaranse os trofeos para, ás 23.00 horas iniciar os preparativos da tradicional Ruta das Antorchas, un percorrido nocturno pola estrada de Castela que comezará sobre as 23.30 horas e no que os moteiros e as persoas que acudan a vela portarán antorchas que iluminarán a estrada de Castela ao seu paso pola vía ata a Ponte das Cabras. Esta iniciativa, que ano tras ano acada un gran éxito de participantes –o ano pasado asistiron máis de 700 moteiros ao percorrido- realízase a modo de homenaxe aos compañeiros e compañeiras falecidos. Ao remate da Ruta das Antorchas chegará de novo a música ao paseo marítimo de Xuvia, coa actuación dos Dj´s Dreamer.
O domingo día 3 o programa comezará cun almorzó ás 9.30 horas e ás 11.30 partirá unha Ruta Mototurística que irá polo faro de Meirás, cunha parada do local social de Lago (Valdoviño) e posterior regreso a Xuvia. A comida baixo a carpa servirase ás 14.30 e ao remate sortearanse varios agasallos entre os asistentes para, ás 16.00 horas, clausurar a XIII Concentración Moteira Cidade de Narón.
Así mesmo, desde a organización recordouse que se recollerán tapóns de plástico para a causa “Alba, la promesa”, unha nena cunha lesión cerebral dexenerativa.
Os representantes do Moto Club Fojeteiros agradeceron a colaboración prestada polo Concello e, pola súa banda, Román Romero destacou o traballo realizado polo citado clube para poder celebrar na cidade “un evento destas características e con gran sona no mundo do motociclismo”.


Descarga de archivos
Ruta das AntorchasTamaño:
105,11 KB
Descargar
Prezos preinscriciónsTamaño:
128,08 KB
Descargar
Programa de actividadesTamaño:
115,82 KB
Descargar
Ruta domingoTamaño:
90,54 KB
Descargar
Ruta sábadoTamaño:
99,66 KB
Descargar


Últimas noticias
O CLUB DE GOLF CAMPOMAR ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O "XIII TORNEO DE GOLF CIDADE DE NARÓN"
O "XXV TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN" DISPUTARASE O 2 DE XUÑO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA
UNS TRESCENTOS MOTEIROS ESTÁN XA PREINSCRITOS NA "XIII CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ÚLTIMA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO E O CLUB MONTAÑA FERROL ORGANIZAN UNHA XORNADA SOBRE A MARCHA NÓRDICA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal