Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NA ANDAINA QUE PECHARÁ O PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que a cita será o vindeiro 1 de xullo e que rematará cun xantar de confraternidade na área recreativa de Pedroso
Narón, 19 de xuño de 2018. O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que as persoas interesadas en asistir á última andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós” están aínda a tempo de anotarse. A cita será o 2 de xullo, e consistirá nunha camiñata que partirá ás 11.00 horas das inmediacións do antigo Concello, en Xuvia, cara á área recreativa de Pedroso, donde terá lugar un xantar de confraternidade.
O prezo por participante é de 15 euros, que inclúe o pago do correspondente seguro e tamén un menú que se servirá na área recreativa de Pedroso, a base de churrasco, paella, café e postre. Aquelas persoas que queiran deixar o seu vehículo na área recreativa de Pedroso e participar na andaina poderán utilizar o servizo de autobús que sairá ás 10.35 da área recreativa cara ao antigo Concello de Xuvia, para iniciar o camiño a pé ata Pedroso.
O programa está dirixido a maiores de 18 anos, se ben os menores poden acudir acompañados do seu pai/nai ou un titor/a. As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves, en horario de 10.00 a 13.00 e desde as 16.30 ata as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00.
O programa “Ponte en ruta con nós” iniciouse o pasado mes de outubro do pasado ano e incluíu nesta convocatoria un total de oito saídas por varios espazos de Narón e tamén doutras localidades da comarca.



Últimas noticias
O "XXXI RALLYE CIDADE DE NARÓN" REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA A 139 PARTICIPANTES
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO NA GÁNDARA A FESTA DO DEPORTE
O CONCELLO COLABORA NO "I CAMPUS DE FÚTBOL E PÁDEL" QUE SE CELEBRARÁ A PARTIR DO 2 DE XULLO
UNHAS 120 PERSOAS PARTICIPARÁN NA "II CARREIRA POPULAR DE ORIENTACIÓN CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal