Novas
 
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO NA GÁNDARA A FESTA DO DEPORTE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Román Romero, presentaron as actividades, que se levarán a cabo no complexo polideportivo da Gándara
Narón, 20 de xuño de 2018. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Román Romero, anunciaron a celebración, o vindeiro 30 de xuño, da Festa do Deporte. A cita terá lugar no complexo polideportivo municipal da Gándara (dentro e fóra das instalacións deportivas), e coa mesma, tal e como indicou a rexedora local, “darase por rematada a tempada 2017-2018 das Escolas Deportivas Municipais cunha xornada adicada por completo ao deporte e con varias propostas para os asistentes”.
A Festa do Deporte desenvolverase durante todo o día, de 10.30 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas e a entrada é de balde. As actividades terán lugar na zona do estacionamento do complexo polideportivo excepto unha delas, un castelo inchable que se instalará na piscina, cunhas dimensións de 12 x 3 metros, tal e como apuntou Romero. O edil avanzou que os menores de seis anos deben acudir acompañados por unha persoa adulta para poder participar nas actividades. A oferta deportiva deste evento inclúe fútbol, baloncesto, voleibol, bádminton, natación, xincanas de inchables e, pola mañá, de 11.30 a 12.30 horas, unha clase maxistral de zumba dirixida a menores e adultos.
Ferreiro destacou que cada ano unha media de 3.000 usuarios participan nas actividades conveniadas e de clubes, e acuden ás piscinas da Gándara e ao ximnasio, “unha oferta á que se suman non só veciñas e veciños de Narón, senón tamén persoas procedentes doutros concellos da comarca”.
A alcaldesa e o edil naronés convidaron ás persoas que participan nas diferentes actividades das Escolas Deportivas Municipais e tamén ao resto de veciñas e veciños da cidade e doutras localidades a acudir o día 30 á Festa do Deporte para desfrutar xuntos dun día adicado ao deporte e despedir esta tempada ata o vindeiro mes de outubro, cando comezarán de novo as clases nas citadas Escolas Deportivas Municipais.



Últimas noticias
O "XXXI RALLYE CIDADE DE NARÓN" REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA A 139 PARTICIPANTES
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO NA GÁNDARA A FESTA DO DEPORTE
O CONCELLO COLABORA NO "I CAMPUS DE FÚTBOL E PÁDEL" QUE SE CELEBRARÁ A PARTIR DO 2 DE XULLO
UNHAS 120 PERSOAS PARTICIPARÁN NA "II CARREIRA POPULAR DE ORIENTACIÓN CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal