Novas
 
O CONCELLO COLABORA NO "I CAMPUS DE FÚTBOL E PÁDEL" QUE SE CELEBRARÁ A PARTIR DO 2 DE XULLO
As persoas interesadas en anotarse nalgunha das quendas, que rematarán o 17 de agosto, poden aínda facelo contactando coa Academia Tsu-Chü ou co clube P6 Narón Sport
Narón, 28 de xuño 2018. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou xunto con Carlos García, José Antonio Villasuso (ambos da Academia Tsu-Chü, de rendemento técnico en fútbol) e Emilio Iglesias (P6 Narón Sport Center), o “I Campus de Fútbol e Pádel” organizado polas citadas entidades (nas instalacións do clube P6 Narón Sport no polígono de Río do Pozo), en colaboración, entre outros, co Concello naronés.
Esta nova proposta deportiva diríxese a nenas e nenos de entre 5 e 15 anos. Na actualidade xa están anotadas unhas corenta persoas, que iniciarán a primeira quenda –son semanais, de luns a venres, ata o 17 de agosto- o vindeiro luns, 2 de xullo. As persoas interesadas en inscribirse poden aínda facelo chamando aos números de teléfono 687-353 431 e 881 185 808. A cuota é de 50 euros por persoa e semana, se ben haberá que engadir 10 euros máis no caso de solicitar o servizo de madrugadores e 30 máis no caso de incluirse as comidas. As persoas que demanden o servizo de madrugadores iniciarán as actividades ás 8.00 horas, se ben o resto participarán entre as 9.15 e as 14.15 coa única excepción dos que soliciten servizo de comedor, que sairán ás 16.00 horas.
O campus constará dunha serie de adestramentos específicos de fútbol e pádel, nos que colaborarán xogadores profesionais de ambas modalidades deportivas. “O obxectivo deste campus é achegar aos participantes a unha serie de xogos que se poden practicar tamén nos parques e nas prazas do concello, de inculcarlles unhas propostas entretidas e lúdicas”, explicou Carlos García. Así mesmo, recalcou que se trata dunha proposta que permite tamén nestas datas estivais ás familias conciliar a súa vida laboral e persoal.
O concelleiro de Deportes animou á veciñanza a participar nesta nova actividade “para pasar un bo rato e aprender novas técnicas”, destacando ademais a importancia de convocar e impulsar este tipo de iniciativas para facilitar a conciliación ás familias.



Últimas noticias
O "XXXI RALLYE CIDADE DE NARÓN" REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA A 139 PARTICIPANTES
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO NA GÁNDARA A FESTA DO DEPORTE
O CONCELLO COLABORA NO "I CAMPUS DE FÚTBOL E PÁDEL" QUE SE CELEBRARÁ A PARTIR DO 2 DE XULLO
UNHAS 120 PERSOAS PARTICIPARÁN NA "II CARREIRA POPULAR DE ORIENTACIÓN CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal