Concello de Narón
Novas
MÁIS DE 230 CICLISTAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA IV BTT CIDADE DE NARÓN ORGANIZADA POLO CLUBE MTB ESKORNABOIS E O CONCELLO
Os participantes sairán ás 9.30 horas das inmediacións do Centro Comercial Odeón para realizar un percorrido de 42 ou 32 quilómetros, en función da ruta elixida
Narón, 6 de setembro de 2018. Un total de 238 personas inscribíronse na ruta cicloturista que terá lugar este domingo na cidade. A cuarta edición da BTT Cidade de Narón organizada polo clube MTB EskornaBois e o Concello comezará ás 9.30 horas, con saída das inmediacións do Centro Comercial Odeón e rematará no pavillón polideportivo da Gándara, donde está previsto que cheguen os primeiros participantes sobre as 11.30. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou a convocatoria acompañado por Daniel Martínez, presidente do clube, José Luis Fernández, secretario, e Begoña Espina e Luis Rodríguez, socios da citada entidade deportiva. Os representantes do MTB Eskornabois destacaron a participación nesta proba dun total de doce mulleres, calificando a cifra como “alentadora con respecto a outros anos e difícil de acadar neste tipo de eventos deportivos”. Os ciclistas realizarán unha das dúas rutas deseñadas para a ocasión, unha longa, de 42 quilómetros, e outra máis curta, de 32. O trazado discorrerá polas inmediacións do mosteiro do Couto, por tramos do camiño de Santiago e San Andrés, e do muíño das Aceñas, entre outros puntos da cidade. O presidente do clube agradeceu o traballo realizado pola organización para poder convocar un ano máis esta ruta cicloturista e o respaldo do Concello, “sen o que sería imposible realizar este evento”, asegurou, así como o de patrocinadores e colaboradores. O concelleiro de Deportes, Román Romero, destacou o éxito desta convocatoria, que alcanza este ano a súa cuarta edición cunha importante cifra de participación e felicitou ao Club MTB Eskornabois polo traballo realizado en canto á organización do mesmo. Romero animou tamén aos participantes e ao público a desfrutar deste evento deportivo.
www.naron.es