Novas
 
O CONCELLO E ASOTRAME CONVOCAN A "IV CARREIRA SOLIDARIA" QUE SE CELEBRARÁ ESTE DOMINGO NA CIDADE
O concelleiro de Deportes, Román Romero, e a presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro, presentaron a convocatoria no Concello
Narón, 18 de setembro de 2018. O concelleiro de Deportes, Román Romero, e a presidenta da Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea, Cristina Piñeiro, presentaron esta mañá a cuarta edición da Carreira Solidaria de Asotrame, que se celebrará o vindeiro domingo, día 23, na cidade. A media mañá case catrocentas persoas estaban inscritas nesta convocatoria, que inclúe ademais da carreira a opción de participar na modalidade de andarina, en ambos casos por un percorrido de cinco quilómetros para as categorías superiores –a de Pitufos é de 100 metros e as de Escolares dun quilómetro e quilómetro e medio-. As persoas que desexen anotarse poden facelo ata o vindeiro xoves, día 20 ás 23.59 horas, a través da páxina web: www.carreirasgalegas.com. O prezo é de 8 euros para as categorías de Sub 18-20 a Máster C e de 2 euros para as de Pitufos e Escolares.
O edil de Deportes asegurou que “é un pracer presentar a cuarta edición deste evento, que naceu parello á miña etapa como concelleiro de Deportes da cidade”. Romero animou á xente a participar nesta convocatoria “activamente apuntándose na carreira ou na andaina ou tamén animando desde as beirarrúas do tramo aos que participen”.
Pola súa parte, Cristina Piñeiro agradeceu a colaboración do Concello e tamén a dos patrocinadores e voluntarios neste evento. “Cada ano consolídase con máis peso, polo que queremos animar á xente a que participe, ben na carreira ou na camiñata”, insistiu.
Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo, á que poden acudir atletas que estean ou non federados. Os participantes, indicou Piñeiro, sairán ás 11.00 do pavillón polideportivo da Gándara, donde tamén será o punto de chegada. A retirada de dorsais será o 22 de setembro de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 en Decathlon Ferrol e o propio día da carreira nas inmediacións do polideportivo da Gándara, ata unha hora antes do inicio das probas. Os participantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa, según se indicou desde a organización.
As persoas que non poidan acudir e desexen colaborar cos proxectos que a asociación Asotrame ten en marcha poden facelo a través do Dorsal 0 realizando donativos.



Últimas noticias
UN TOTAL DE TRINTA E SEIS EQUIPOS PARTICIPARÁN NO V TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL 8 NARÓN O FREIXO
O CONCELLO E ASOTRAME CONVOCAN A "IV CARREIRA SOLIDARIA" QUE SE CELEBRARÁ ESTE DOMINGO NA CIDADE
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON CINCO ENTIDADES DEPORTIVAS LOCAIS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 102.000 EUROS
O CONCELLO INICIA ESTE MES AS ANDAINAS DA CUARTA EDICIÓN DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO ORGANIZA A PRIMEIRA EDICIÓN DA CARREIRA CIDADE DE NARÓN 7-14-21

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal