Novas
 
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O SÁBADO O XV TROFEO DE TIRO CON ARCO EN SALA
En total participarán nas probas 103 arqueiros de algo máis dunha vintena de clubes de diferentes cidades
Narón, 20 de novembro de 2018. O Pavillón Campo da Serra (avenida de Santa Icía, 27) acollerá o vindeiro sábado, día 24, a décimo quinta edición do Trofeo de Tiro con arco en sala Cidade de Narón, unha cita que reunirá na cidade a un total de 103 arqueiros chegados de algo máis dunha vintena de clubes. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou o evento acompañado por Alberto López e Montse Vilela presidente e secretaria, respectivamente, do Club Arco Narón. “Este ano incrementouse o nivel de participación e o público terá a oportunidade de ver un evento deportivo no que moitos naroneses e naronesas de seguro que defenderán o elevado nivel en tiro con arco desta cidade”, destacou Romero, que animou á veciñanza a asistir á cita.
O evento desenvolverase en horario de mañá e tarde, a partir das 9.30 horas, coa recepción dos participantes. As probas das categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil disputaranse ao longo da mañá, con dúas quendas de competicións e a eliminatoria a partir das 12.30 horas. As correspondentes ás categorías Cadete-Junior, Senior e Veterán serán en horario de tarde, a partir das 14.30 horas, tamén con dúas quendas e coas eliminatorias a partir das 18.00 horas. Ao remate de cada unha delas procederase á entrega dos trofeos deste evento deportivo.
Os participantes realizarán cada un deles dúas tandas de trinta frechas, tal e como indicaron os organizadores deste evento, que destacaron o feito de que nas categorías de menor idade que se disputarán pola mañá participan un total de 32 arqueiros e arqueiras –dos que 19 son do clube naronés-, mentres que nas da tarde participarán un total de 71 arqueiros dos diferentes clubes.
A maiores do Club Arco Narón, participarán neste trofeo o Arco Ferrol, o Silex, Arqueiros de Cambre, ArcTeixo, A Frouxeira, Arqueiros do Barbanza, o Universitario A Coruña, Arco Barco, Arco Muralla, DousXSetenta, Guitiriz, Lumelar, Archers Team, entre outros. Os representantes do Club Arco Narón agradeceron a colaboración, un ano máis do Concello na organización deste evento.




Últimas noticias
MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO SÁBADO NO XXVI TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN
ALCIA FERNÁNDEZ FRAGA, PREMIADA COMO MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN DO ANO 2018
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL PONTE EN RUTA CON NÓS
O CONCELLO COLABORA NO "I OPEN DE PADEL EN CADEIRA-CIDADE DE NARÓN
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DEPORNADAL 2018

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal