Novas
 
O CONCELLO COLABORA NO "I OPEN DE PADEL EN CADEIRA-CIDADE DE NARÓN
O evento terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro nas instalacións de Padel 6, no polígono de Río do Pozo
Narón, 29 de novembro de 2018. O municipio naronés acollerá esta fin de semana o primeiro torneo de padel federado de Galicia. A partir de mañá, e ata o vindeiro domingo, día 2, disputarase esta proba –sexta da Copa de España- nas instalacións de Padel 6 no polígono industrial de Río do Pozo. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou esta mañá o evento deportivo acompañado polo deportista paralímpico Álvaro Illobre; Antía Rodríguez, representante de Predif Galicia (que colabora nesta convocatoria por segundo ano), e Borja Carballo, representante de P6 Narón.
Un total de dez parellas participarán neste evento deportivo, algunhas delas de Narón e comarca e tamén outras procedentes da Coruña, Vigo, Valencia, Santiago, Bilbao, Madrid e Cádiz, tal e como indicou Illobre. Todos os participantes xogarán tres partidos, comezando as dúas previas mañá, de 18.00 a 21.00 horas. Na xornada do sábado disputaranse os cuartos de final e as semifinais, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 e o domingo ás 10.00 o terceiro e cuarto posto e a partir das 11.30 a final.
“Esta é a segunda ocasión na que colabora o Concello con nós aínda que na primeira non era un campionato federado”, apuntou Illobre, que asegurou estar “encantado de que se celebre nesta cidade e de traer xente a esta cidade”.
O concelleiro de Deportes, Román Romero, incidiu na relevancia de que esta proba se celebre en Narón e animou á veciñanza a acudir para animar aos participantes, aos que desexou moita sorte.



Últimas noticias
MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO SÁBADO NO XXVI TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN
ALCIA FERNÁNDEZ FRAGA, PREMIADA COMO MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN DO ANO 2018
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL PONTE EN RUTA CON NÓS
O CONCELLO COLABORA NO "I OPEN DE PADEL EN CADEIRA-CIDADE DE NARÓN
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DEPORNADAL 2018

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal