Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL E A SDCR NARÓN-O FREIXO NA ORGANIZACIÓN DUN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA
As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de hoxe, tal e como indicou o edil de Deportes, Román Romero
Narón, 20 de marzo de 2019. A Escola Galega de Adestradores, en colaboración co Concello e o clube local Narón-O Freixo organiza un Curso de monitor de fútbol sala que se impartirá entre o 2 de abril e o 22 de maio nas instalacións da SDCR Narón–O Freixo. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou o evento acompañado por Juan Luis Villamisar, vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF); Manuel Mesa, delegado en Ferrol da RFGF; Pablo Prieto, presidente do Comité Galego de fútbol sala e Juan Rey, presidente da Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón-O Freixo. O edil naronés valorou a confianza depositada no Concello para celebrar aquí este curso e asegurou que “estamos abertos a calquera tipo de colaboración nesta área”, ao tempo que animou ás persoas interesadas a inscribirse, a partir de hoxe.
Os organizadores explicaron que con este curso se poderá obter a ensinanza que se acreditará cun diploma, proporcionando ao alumnado a formación que lle permita adquirir os coñecementos axeitados e habilidades para desenvolver o seu labor nas Federacións. Pablo Prieto explicou que con este curso, de 66 horas de duración e impartido por profesorado de alto nivel, os asistentes obterán a titulación mínima esixida para adestrar nas categorías autonómicas. Así mesmo, indicou que poden acudir persoas con titulacións anteriores da Federación, a modo de xornada de actualización e realizando a metade da carga lectiva.
O curso impartirase do 2 de abril ao 22 de maio, os martes –de 19.30 a 23.00 horas- e os mércores e xoves –de 20.30 a 23.00-. As persoas interesadas en anotarse poden facelo desde hoxe a través do enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_EE_GstInscripcion?cod_primaria=5000446.
Prieto destacou que o curso se impartirá “nas instalacións dun dos clubes históricos de Narón de fútbol e fútbol sala”, ao que agradeceu a cesión das instalacións e a loxística. Pola súa banda, Manuel Mesa valorou a colaboración do Concello de Narón “en calquera evento que queremos organizar desde a delegación da FGF, un aspecto no que coincidiu Juan Luis Villamisar.



Últimas noticias
O CONCELLO COLABORA COA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL E A SDCR NARÓN-O FREIXO NA ORGANIZACIÓN DUN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA
O CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN CAMPO DA SERRA
DEPORTISTAS DE QUINCE EQUIPOS GALEGOS PARTICIPÁRÁN NO XXII TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN
MÁIS DE DUASCENTAS PERSOAS ASISTIRON A UNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CAMPO DE SINDE ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "IV TORNEO FEMININO DE FÚTBOL CONCELLO DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal