Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
As persoas interesadas en anotarse á vindeira camiñata, pola Ruta das Fragas da Ribeira, poden facelo dende hoxe no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 2 de maio de 2019. A vindeira andaina programada no marco do programa municipal “Ponte en ruta con nós” será o 19 de maio, pola Ruta das Fragas da Ribeira, no termo municipal das Pontes. Os participantes reuniranse, como cada xornada, no pavillón polideportivo da Gándara ás 9.00 horas para dirixirse en bus ao punto de inicio da ruta. Trátase dunha camiñata duns quince quilómetros prevista para realizar nunhas tres horas e media e cun nivel de dificultade calificado como “alto”. As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de hoxe no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves en horario de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres 9.00 a 13.00. O prezo da inscrición é de tres euros, contía coa que se sufragan os gastos de desprazamento en autobús desde o polideportivo da Gándara ata o punto de inicio da camiñata e o regreso desde o remate da andaina ata o pavillón polideportivo da Gándara.
O programa municipal “Ponte en ruta con nós” rematará o vindeiro 30 de xuño, coa tradicional Andaina de fin de programa, dende o antigo Concello de Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, donde haberá unha comida de confraternidade. O programa incluíu andainas como unha volta circular á ría; polo Río Castro e o Castelo de Narahío; dende o Castelo da Palma ata o mosteiro de Santa Catalina; pola Ruta dos muíños, en Esmelle (Ferrol); a do Belelle (A Capela), e a Ruta das praias (de Covas a Prioriño).



Últimas noticias
O CAMPO DE SINDE ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "IV TORNEO FEMININO DE FÚTBOL CONCELLO DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
UNS 350 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO XVIII TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CIDADE DE NARÓN
O CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE SINDE ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS
O CONCELLO PON EN SERVIZO A TERCEIRA PISTA MULTIDEPORTE DA CIDADE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal