Novas
 
O CONCELLO PON EN SERVIZO A TERCEIRA PISTA MULTIDEPORTE DA CIDADE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O equipo local Narón Volea realizou esta tarde un adestramento nas novas instalacións, abertas á cidadanía
Narón, 22 de maio de 2019. O Concello puxo esta tarde en servizo a terceira pista multideporte construída na cidade e ubicada no paseo marítimo de Xuvia, nas inmediacións do parque infantil. Foi precisamente un equipo local, o Narón Volea, o que estreou as instalacións esta mesma tarde, ás 18.00 horas, cun adestramento nesta nova área deportiva. As veciñas e veciños de Narón disponen dende hoxe dun novo espazo donde practicar ata oito modalidades deportivas, entre elas e a maiores do voleibol, o tenis, o fútbol, baloncesto… ao estar dotada de tódolos elementos necesarios, como rede central, porterías, canastras…
A pista ten unhas dimensións de 20x10 metros, idénticas ás que se construíron nos últimos meses na Gándara e no Alto, tamén operativas. Con estes novos equipamentos a cidadanía dispón en Xuvia dunha maior oferta de elementos deportivos, aos que se suman un circuíto vita e un parque biosaudable, tamén na zona do paseo marítimo, cunha ampla oferta tamén de lecer e xogo para nenos e nenas.
O Concello destinou unha partida de 40.000 euros para construír as tres pistas multideporte da cidade, completando así en tres barrios o número de instalacións deportivas, neste caso para a práctica do deporte ao aire libre e abertas á cidadanía en xeral.



Últimas noticias
O CONCELLO PON EN SERVIZO A TERCEIRA PISTA MULTIDEPORTE DA CIDADE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ÚLTIMA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
RECEPCIÓN OFICIAL Á NARONESA FANY CABARCOS BECEIRO TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE EUROPA DE MTB DE DESCENSO NA CATEGORÍA MASTER 35 EN PORTUGAL
O PAVILLÓN MUNICIPAL DA GÁNDARA ACOLLERÁ O "XXVI TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A TRIXÉSIMO SEGUNDA EDICIÓN DO RALLYE CIDADE DE NARÓN REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE A 130 PILOTOS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal