Novas
 
A TRIXÉSIMO SEGUNDA EDICIÓN DO RALLYE CIDADE DE NARÓN REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE A 130 PILOTOS
O venres día 14 haberá un "tramo espectáculo" polas inmediacións do Pazo da Cultura e o sábado día 15 percorreranse os tramos deste evento deportivo por varios concellos da comarca
Narón, 12 de xuño de 2019. A trixéximo segunda edición do Rallye Cidade de Narón reunirá esta fin de semana na cidade a 130 participantes de 37 escuderías da comarca e tamén de Castela León, Asturias… A alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, o concelleiro en funcións de Deportes, Román Romero; Antonio Sueiras, presidente da Escudería Siroco Narón, José Ramón Padín, director da proba; Almudena Fariña, Comisaria deportiva, e Ramiro Fandiño, un dos xefes de Seguridade Viaria e treitos, presentaron hoxe o evento, organizado pola Escudería Siroco Narón e no que colaboran, entre outras entidades, o Concello de Narón e a Federación Galega de Automobilismo Este evento deportivo, que é unha proba puntuable para varias copas autonómicas, desenvolverase o venres 14 e o sábado 15 na cidade. Marián Ferreiro destacou e agradeceu o labor que realiza a Escudería Siroco Narón e subliñou que esta fin de semana a cidade se convertirá “en todo un referente do mundo do motor”, animando á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a este evento deportivo.
O vindeiro venres será o tramo do Pazo da Cultura, o de Talleres Gandoy, un tramo espectáculo no centro urbán, polas inmediacións das citadas instalacións municipais, e de 1,120 quilómetros. Instalarase unha carpa fronte ao Pazo para que parte do público asistente poida gozar deste tramo dende esa ubicación.
O sábado día 15 haberá tres tramos a triple pasada, o primeiro deles o de Talleres Breogán, cun percorrido de 11,380 quilómetros por viais dos concellos de Cerdido e Moeche e co inicio das pasadas ás 9.05 horas, ás 13.20 e ás 17.35, pecchándose os tramos unha hora antes. A continuación será o tramo Casal e Pernas SL, en As Somozas, As Pontes e Ortigueira, de 6,930 quilómetros –houbo que reducilo por indicacións do departamento autonómico de Conservación da Natureza- e con saídas ás 9.40 horas; ás 13.55 e ás 18.10. Por último, terá lugar o tramo de Autos Pasuco, por San Sadurniño e cun percorrido de 10,500 quilómetros coas saídas ás 10.15; 14.30 e 18.45 horas. En conxunto, serán preto dun centenar de quilómetros nos tres tramos habilitados polos concellos da comarca.
O parque pechado será nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, na rúa Cataluña, donde se poderán ver os vehículos que participarán no Rallye Cidade de Narón tanto na noite do venres ao sábado como nos reagrupamentos. A entrega dos premios realizarase a noite do sábado, tamén nas inmediacións de Odeón, sobre as 23.00 horas.
Antonio Sueiras destacou a colaboración do Concello e explicou que, a diferencia doutras edicións, este ano realizarase un formato en liña e recordou que se conmemorará o memorial Ramón Padín López, en recordo ao primeiro presidente que tivo a Escudería Siroco Narón, falecido este ano.
Os pilotos Víctor Senra e Yago Caamaño están entre os favoritos para gañar este Rallye, tal e como indicaron dende a organización, explicando que teñen “os mellores coches”. Do Siroco Narón participarán catorce pilotos, sendo o clube con máis participantes neste evento deportivo.
Dende a organización incidiron na importancia de respectaras recomendacións que en todo momento se realizarán aos espectadores e as zonas sinaladas como perigosas, para evitar posibles incidentes durante o desenvolvemento deste evento, para o que se pide a máxima colaboración. Así mesmo, solicítase respecto ás propiedades dos veciños e veciñas e ao medio ambiente.
O edil de Deportes de Narón, Román Romero, felicitou tamén á Escudería Siroco Narón pola súa labor e asegurou que esta cita é unha das máis consolidadas no calendario deportivo naronés.
As persoas interesadas poden consultar toda a información relativa a este evento deportivo –detalles dos diferentes tramos, participantes- a través da páxina web: http://www.rallyenaron.org/.


Descarga de archivos
Treitos Rallye Cidade de NarónTamaño:
1,37 MB
Descargar
Cartaz Rallye Cidade de NarónTamaño:
849,79 KB
Descargar


Últimas noticias
O CONCELLO PON EN SERVIZO A TERCEIRA PISTA MULTIDEPORTE DA CIDADE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ÚLTIMA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
RECEPCIÓN OFICIAL Á NARONESA FANY CABARCOS BECEIRO TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE EUROPA DE MTB DE DESCENSO NA CATEGORÍA MASTER 35 EN PORTUGAL
O PAVILLÓN MUNICIPAL DA GÁNDARA ACOLLERÁ O "XXVI TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A TRIXÉSIMO SEGUNDA EDICIÓN DO RALLYE CIDADE DE NARÓN REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE A 130 PILOTOS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal