Novas
 
O TORNEO DE FÚTBOL CIDADE DE NARÓN DISPUTARASE OS DÍAS 17 E 24 DESTE MES NO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou o evento acompañado por representantes dos clubs colaboradores: o Deportivo Narón, o Estrella e a Sociedade Deportiva O Val e do delegado en Ferrolterra da RFGF, Manuel Mesa
Narón, 12 de agosto de 2019. O concelleiro de Deportes, José Oreona, o delegado en Ferrolterra da Real Federación Galega de Fútbol, Manuel Mesa e Bárbara Grandal, da Sociedade Deportiva O Val; Alberto Pena, do Club Estrella e María Martín, do Club Deportivo Narón, presentaron esta mañá no Concello o Trofeo de Fútbol Cidade de Narón, que se disputará este mes nas categorías masculina e feminina. Este evento deportivo celebrarase no estadio municipal de Río Seco en dúas xornadas, tal e como avanzaron dende a organización.
O vindeiro sábado, día 17, celebrarse o torneo masculino, un triangular que se disputará a partir das 19.00 horas, no que xogarán a Sociedade Deportiva O Val, o Deportivo Narón e o Club Estrella, sendo o primeiro partido entre os dous primeiros clubes, O Val e Deportivo Narón.
O vindeiro sábado, día 24 será o turno do torneo feminino, tamén ás 19.00 horas, no que xogarán a Sociedade Deportiva O Val e o Deportivo Narón. O fútbol feminino cobrará especial protagonismo neste torneo nun momento no que está en auxe na comarca, tal e como confirmou Manuel Mesa, que agradeceu o respaldo do Concello para organizar este tipo de eventos, que calificou como “referente” nesta zona e do que confía que sexa “todo un éxito”.
O Concello de Narón organiza o evento, en colaboración co Club Deportivo Narón, o Club Estrella e a Sociedade Deportiva O Val.
O responsable da área municipal de Deportes animou aos afeccionados ao fútbol a que se acheguen este sábado e o vindeiro día 24 ao estadio municipal de Río Seco para desfrutar deste evento e aproveitou a presencia dos representantes dos tres clubs naroneses para felicitalos pola súa traxectoria. Oreona tamén destacou a recente participación da Sociedade Deportiva O Val e o Deportivo Narón na Copa Deputación, “polo bo torneo realizado”.



Últimas noticias
O CONCELLO E O CLUB CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DEPORTIVA
O TORNEO DE FÚTBOL CIDADE DE NARÓN DISPUTARASE OS DÍAS 17 E 24 DESTE MES NO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "VIII CAMPUS DE VERÁN BALONCESTO NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA CARREIRA INFANTIL "CORRE X SANTA"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal