Novas
 
PRESENTADA ESTA MAÑÁ NO CONCELLO A ´XXVII EDICIÓN DO TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN´
Arredor de douscentos deportistas daranse cita nas instalacións do Pavillón de Deportes Municipal de A Gándara o sábado 23 de novembro no “XXVII Trofeo de Natación Cidade de Narón
Narón, 15 de novembro de 2019.O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou na mañá de hoxe, xunto co presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, unha nova edición do Trofeo de Natación Cidade de Narón na que participarán case douscentos nadadores e nadadoras.
A competición disputarase o sábado 23 de novembro en dobre sesión, de mañá ás 11.00 horas e de tarde a partires das 17.30 horas.
Nesta xornada deportiva serán un total de 17 clubes os que competirán para acadar o preciado trofeo naronés: Pabellón Ourense, Marina Ferrol, CN Coruña, AD Fogar, CN Xove, CN Ferrol, CN Cedeira, CN Galaico, CN Redondela, CN Arteixo, CN Portamiñá de Lugo, Cidade de Santiago – vencedor da pasada edición-, CN Arzúa e, como clubes debutantes contarase coa participación de CN Hércules Termaria e CN Santa Coma, así como un grupo de triatletas del CGTD de Pontevedra.
Entre deportistas de recoñecida traxectoria que estarán na competición e optarán ao Premio XVII Memorial Javier Lago cabe destacar a: Alejandro Pasareti (Santiago), Raúl Segade e Carla Carron (CN Arzúa), Clara López, Eva Chas o Sergio Losada (Ferrol), Alba Gómez (Arteixo) e os locais Icía López, Miguel Gracia ou Bruno Ferreiro polo club anfitrión.
O concelleiro de Deportes, José Oreona, convidou ás veciñas e veciños de Narón e comarca a presenciar este evento deportivoe no que se poderá ver o elevado nivel dos deportistas do club naronés e tamén do resto de participantes, valorando o traballo desenvolvido desde o Náutico Narón a prol do deporte da natación e manifestando a colaboración que desde o concello se manterá nesta liña. O presidente da agrupación deportiva agradeceu ao Concello o apoio para seguir traballando neste sentido e co desexo de que este evento sexa un éxito deportivo.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE INVERNO 2020" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO "XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS-VOLTA Á RÍA"
MARIÁN FERREIRO ENTREGOU Á TRIATLETA SARA GUERRERO MANSO O PREMIO Á "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2019" NA "XXXI GALA DO DEPORTE"
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO COLABORA NO "I TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA CIDADE DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal