Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE INVERNO 2020" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A iniciativa diríxese a menores de entre 11 e 15 anos que dispoñen ata o vindeiro 4 de decembro para formalizar a inscrición no Concello
Narón, 18 de novembro de 2019. O edil de Deportes, José Oreona, recordou que está aberto ata o vindeiro 4 de decembro o prazo para anotarse na “Campaña de inverno 2020” promovida pola Deputación da Coruña. A administración provincial oferta trece prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos e nenas de 11 a 15 anos (ambas idades incluídas), que deben cubrir unha ficha –que se pode descargar das páxinas web: www.padroadodeportesnaron.com ou www.dacoruna.gal- e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello acompañada pola documentación requerida para formalizar a citada inscrición.
Os menores de Narón acudirán á cuarta quenda, que terá lugar entre os días 14 e 17 de febreiro. Durante eses días permanecerán aloxados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Terán preferencia á hora de participar os nenos e nenas que non foron a ningunha das anteriores campañas da neve da Deputación, tal e como figura nas bases. O sorteo das prazas realizarase dende o día 5 de decembro ata o 16 do citado mes.
A cota que aboarán os participantes é de 85 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material e os derivados das actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña.
A través desta iniciativa apóstase por fomentar a práctica do esquí entre os rapaces e rapazas das idades ás que se dirixe esta iniciativa.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE INVERNO 2020" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO "XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS-VOLTA Á RÍA"
MARIÁN FERREIRO ENTREGOU Á TRIATLETA SARA GUERRERO MANSO O PREMIO Á "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2019" NA "XXXI GALA DO DEPORTE"
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO COLABORA NO "I TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA CIDADE DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal