Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA CONSTITUÍR UN NOVO GRUPO DE IOGA A TRAVÉS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES
O concelleiro de Deportes, José Oreona, animou ás persoas interesadas a anotarse no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 17 de febreiro de 2020. O Servizo Municipal de Deportes mantén aberto o prazo de preinscrición para crear un novo grupo de ioga con clases que terían lugar os martes e xoves de 9.00 a 10.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara. O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que as persoas interesadas en asistir deben anotarse no propio pavillón polideportivo da Gándara, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00, tratándose dunha actividade cun custe de 11,10 euros ao mes. Para poder crear o citado grupo é preciso que se inscriban un mínimo de dez persoas, tal e como indicou o edil. Oreona recordou que aínda quedan algunhas vacantes para as clases de Macronatación que se imparten os luns, mércores e venres –de 10.15 a 11.00 horas e tamén de 21.30 a 22.15-, sendo o prezo desta actividade de 38,50 euros ao mes. Na modalidade de Natación para adultos tamén hai algunhas prazas libres para as clases dos martes e xoves –de 21.30 a 22.15 ou de 22.15 a 23.00 horas- abonando 29,15 euros ao mes ou 20,05 euros no caso de que se poidan acoller ás tarifas reducidas.
www.naron.es