Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS DE PRAZO PARA QUE CLUBS E ENTIDADES SOLICITEN O USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
O edil de Deportes, José Oreona, recordou que o prazo se manterá aberto ata o vindeiro 7 de agosto
Narón, 24 de xullo de 2020. O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que o vindeiro 7 de agosto rematará o prazo para que clubs e entidades deportivas tramiten as solicitudes para utilizar na tempada 2020-2021 as instalacións deportivas municipais (pistas de pavillóns, campos de fútbol, ximnasio do Complexo Polideportivo da Gándara…). O modelo a presentar está dispoñible na páxina web do Padroado de Deportes, a través do enlace: http://www.padroadodeportesnaron.com/web/docs/modelo-solicitud-instalacions-deportivas-modif.pdf. As instancias, unha vez cumplimentadas deberán acompañarse dunha solicitude xenérica e presentalas no Rexistro Municipal do Concello ou a través da Sede Electrónica do Concello de Narón.
É preciso que cada club ou entidade presente unha solicitude de uso por cada unha das instalacións municipais que queira utilizar, no caso de que sexa máis dunha.



Últimas noticias
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN
A ALCALDESA ASINOU TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON CLUBS DEPORTIVOS DA CIDADE
O PADROADO DE DEPORTES MODIFICARÁ OS HORARIOS DE NADO LIBRE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA A PARTIR DO 4 DE XANEIRO
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A FINAL DA "XXIX COPA GALICIA MASCULINA DE FÚTBOL SALA"
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA SUSPENDE OS CURSOS DE NATACIÓN DE ADULTOS E AS SESIÓNS DE NADO LIBRE PROGRAMADAS A ÚLTIMA HORA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal