Novas
 
PRESENTACIÓN NO CONCELLO DA NOVA DIRECTIVA DO CLUB CIDADE DE NARÓN DE FUTBOL SALA
A nova directiva da entidade deportiva mantivo una xuntanza coa Alcaldesa da cidade e lle trasladaron os seus proxectos cara ao futuro
Narón, 06 de agosto de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no Concello, xunto co concelleiro de Deportes José Oreona, á nova directiva do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala. A nova directiva da entidade deportiva, está composta pola presidenta Almudena Fariña Gato, vicepresidente Avelino Cinza Novo, secretario José Vicente Seoane Rey, tesorero Javier Alves Testa, e vocal Roberto Ortega García.
Os representantes da entidade manifestaron o seu agradecemento ao apoio institucional do Concello nesta etapa e expresaron a súa intención de comezar a traballar xa co primeiro equipo a finais do presente mes de agosto. O traballo da tempada co resto de equipos irase preparando en función da situación sanitaria na que se vaia desenvolvendo a vida social e deportiva da comunidade como consecuencia dos efectos da Covid-19 e cómo vaia evolucionando a nivel da sociedade.
Ferreiro reafirmou o apoio do Concello nesta nova andadura ao Club Cidade de Narón e manifestou a súa satisfacción polo impulso que supón sempre o compromiso dunha serie de persoas dispostas a traballar polo tecido deportivo naronés posibilitando a práctica deportiva de unha gran parte da mocidade, promovendo a adquisición de hábitos saudables e valores solidarios de traballo en equipo. A alcaldesa e o concelleiro de Deportes desexáronlle moitos éxitos ao Club Cidade de Narón FutSal e ao novo equipo directivo da entidade.



Últimas noticias
O PASEO DE XUVIA ACOLLERÁ O DOMINGO A PRIMEIRA EDICIÓN DO "TORNEO DE BILLARDA CIDADE DE NARÓN"
AS SELECCIÓNS DE XAPÓN E ARXENTINA DISPUTARÁN NA CIDADE UN PARTIDO INTERNACIONAL DE FÚTBOL SALA PREVIO AO MUNDIAL DE LITUANIA 2021
A ALCALDESA VISITOU AOS INTEGRANTES DA SELECCIÓN VENEZOLANA DE ATLETISMO E TENIS DE MESA CONCENTRADOS NA CIDADE ANTES DAS OLIMPÍADAS DE TOKIO
MÁIS DE TRESCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NA CUARTA EDICIÓN DO TRISHARK NARÓN 2021
A ALCALDESA REUNIUSE ESTE MEDIODÍA CON RESPONSABLES DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BAILE DEPORTIVO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal