Novas
 
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL
O concelleiro de Deportes, José Oreona, indicou que a tramitación destas subvencións pode realizarse ata o 19 de setembro
Narón, 26 de agosto de 2020. O Concello de Narón abriu o prazo de solitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal correspondentes ao exercicio 2020, podendo tramitalas ata o 19 de setembro. Os clubs e entidades deportivas de ámbito municipal interesados en acollerse a elas deberán cumprir os requisitos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón –publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-. O concelleiro de Deportes, José Oreona, indicou que a partida reservada para estas subvencións é de 85.000 euros.
Esta liña de subvencións diríxese a clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro e ten entre os seus obxectivos contribuír ao desenvolvemento das súas actividades no ámbito municipal. As subvencións poden solicitarse a través do Rexistro municipal do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 ou da Sede Electrónica.
A documentación ao completo, así como o impreso de solicitude pode consultarse a través da páxina web do Padroado de Deportes de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/subvencions-deportivas.



Últimas noticias
O PADROADO DE DEPORTES HABILITARÁ UN PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA LISTAXE PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS
O CONCELLO COLABORA CON ASOTRAME NA INICIATIVA "LA CARRERA QUE NUNCA PARA: KILÓMETROS DE VIDA"
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA PARA COORDINAR O PRÓXIMO I NICIO DOS CURSOS NAS INSTALACIÓNS
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO CAMPO DE F-11 DE HERBA ARTIFICIAL LOCALIZADO XUNTO AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal