Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL
O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que este sábado, día 19, rematará o prazo para poder solicitar estas axudas municipais
Narón, 17 de setembro de 2020. O Concello de Narón pechará este sábado, día 19, o prazo de solitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal correspondentes a este ano. O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que as persoas interesadas en acollerse a esta liña de axudas dispoñen de toda a documentación, así como do impreso de solicitude na páxina web do Padroado de Deportes de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/subvencions-deportivas. A tramitación debe realizarse a través do Rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 horas.
As subvencións diríxense a clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro e convócanse co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento das súas actividades no ámbito municipal. Para poder optar a estas axudas é preciso cumprir os requisitos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón –publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-.
O Concello reserva no orzamento unha partida de 85.000 euros para realizar o pago destas subvencións.



Últimas noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA PARA COORDINAR O PRÓXIMO I NICIO DOS CURSOS NAS INSTALACIÓNS
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO CAMPO DE F-11 DE HERBA ARTIFICIAL LOCALIZADO XUNTO AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
A ALCALDESA FELICITOU Á TRIATLETA PAULA HERRERO, DO CLUB NÁUTICO NARÓN, TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE ESPAÑA DE ÉLITE DE DISTANCIA OLÍMPICA EN BANYOLES
O PADROADO DE DEPORTES RETOMARÁ ESTE XOVES VARIOS CURSOS E ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA RETOMA OS CURSOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE NATACIÓN PARA NENAS E NENOS E OS CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO PARA PERSOAS ADULTAS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal