Novas
 
O PADROADO DE DEPORTES RETOMARÁ ESTE XOVES VARIOS CURSOS E ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
O edil de Deportes, José Oreona, avanzou que para poder utilizar dende outubro o vaso terapéutico será preciso solicitar cita previa para garantir as medidas sanitarias
Narón, 29 de setembro de 2020. O vindeiro xoves, 1 de outubro, retomaranse varias actividades no complexo polideportivo municipal da Gándara. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que indicou que comezarán natación para bebés, matronatación, ioga, pilates, ximnasia de mantemento, musculación, a actividade de baño libre no vaso terapéutico e as escolas deportivas municipais de tenis de mesa, remo e xadrez.
En canto ao baño libre no vaso terapéutico, Oreona explicou que ao igual que sucede no da piscina polivalente, é preciso concertar cita previa, co fin de garantir as medidas sanitarias e de aforo establecidas para as citadas instalacións en prevención da Covid-19.
Nas actividades de natación que se retoman no complexo polideportivo da Gándara o edil asegurou que se poden utilizar os vestiarios pero non as duchas ubicadas no interior dos mesmos, podendo facer uso o persoal das duchas que se localizan na praia da piscina polivalente.
En canto ás actividades de ioga, pilates, ximnasia de mantemento e musculación non se poderán utilizar os vestiarios, sendo obrigatorio que as persoas que acudan ás mesmas leven xa posta a roupa que empregan para a realización das mesmas. Para estas modalidades si se poderán utilizar as taquillas localizadas no andar de acceso aos vestiarios da piscina para gardar a indumentaria que non precisen para realizar as actividades, recomendándose que garden esa indumentaria no interior dunha bolsa antes de deixalo nas taquillas, tal e como explicou Oreona.
Finalmente, o 8 de outubro está previsto o inicio dos cursos de iniciación e perfeccionamento de natación para nenas e nenos e tamén os correspondentes a adultos.
As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2503).



Últimas noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA PARA COORDINAR O PRÓXIMO I NICIO DOS CURSOS NAS INSTALACIÓNS
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO CAMPO DE F-11 DE HERBA ARTIFICIAL LOCALIZADO XUNTO AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
A ALCALDESA FELICITOU Á TRIATLETA PAULA HERRERO, DO CLUB NÁUTICO NARÓN, TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE ESPAÑA DE ÉLITE DE DISTANCIA OLÍMPICA EN BANYOLES
O PADROADO DE DEPORTES RETOMARÁ ESTE XOVES VARIOS CURSOS E ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA RETOMA OS CURSOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE NATACIÓN PARA NENAS E NENOS E OS CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO PARA PERSOAS ADULTAS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal