Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CLUB TENIS DE MESA CIDADE DE NARÓN
Marián Ferreiro indicou que o club recibirá 11.000 euros para continuar fomentando e promocionando o tenis de mesa
Narón, 9 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mańá no Concello un convenio de colaboración co presidente do Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, Fernando Montero, para promocionar este deporte e a participación do club en diferentes campionatos. O importe da achega que aportará o Concello é de 11.000 euros. No acto de sinatura estivo tamén presente o concelleiro de Deportes, José Oreona.
“Un ano máis, en virtude a este acordo, dende o club fomentarase e potenciarase a práctica de tenis de mesa en diferentes categorías, dende a base ata a senior, e tamén seguiremos contando coa súa colaboración para organizar na cidade eventos vencellados a este deporte”, explicou Ferreiro.
Trala sinatura do acordo Montero agradeceu a colaboración do Concello e a alcaldesa valorou o traballo que realizan e tamén felicitou ao representante do Tenis de Mesa Cidade de Narón polos resultados obtidos nas competicións nas que participan. Ferreiro desexoulles tamén moitos éxitos na nova tempada aos integrantes deste club local.



Últimas noticias
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN
A ALCALDESA ASINOU TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON CLUBS DEPORTIVOS DA CIDADE
O PADROADO DE DEPORTES MODIFICARÁ OS HORARIOS DE NADO LIBRE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA A PARTIR DO 4 DE XANEIRO
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A FINAL DA "XXIX COPA GALICIA MASCULINA DE FÚTBOL SALA"
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA SUSPENDE OS CURSOS DE NATACIÓN DE ADULTOS E AS SESIÓNS DE NADO LIBRE PROGRAMADAS A ÚLTIMA HORA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal