Novas
 
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN
O concelleiro de Deportes, José Oreona, e o delegado da Fegatri e presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero, presentaron hoxe o evento, no que participarán 155 deportistas
Narón, 18 de decembro de 2020. O concelleiro de Deportes, José Oreona, e o delegado da Federación Galega de Triatlón (Fegatri) e presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron esta mañá de xeito virtual o Campionato Galego de Duatlón que se celebrará este domingo, día 20, no polígono de Río do Pozo. O Consistorio e a Fegatri apostaron por desenvolver esta proba na cidade para pechar o calendario deportivo deste ano. Oreona, que destacou a importancia de desenvolver este campionato a nivel autonómico na cidade, recalcou que se desenvolverá “baixo unhas estritas medidas de seguridade sanitaria, seguindo os protocolos da Covid-19 para este tipo de convocatorias” e avanzou que participarán 155 deportistas, dos que 100 competirán na categoría masculina e as 55 restantes na feminina.
No polígono de Río do Pozo habilitarase unha zona á que só terán acceso os deportistas que participarán neste campionato e persoal acreditado, como integrantes da organización, voluntarios e técnicos oficiais. En canto ao desenvolvemento da proba Guerrero explicou que os protocolos da Covid-19 marcarán o formato da mesma. “Os deportistas sairán de dous en dous e cada vinte minutos, para deste xeito manter as distancias de seguridade tanto no momento da saída como durante a competición”, indicou.
A competición dará comezo ás 10.15 horas e entre os participantes inscritos figuran Josely e Edymar Brea (Tri-penta Terras de Lugo), Natalia Hidalgo, Elsa Pena (Fluvial de Lugo), Silvia García (Artrogal), Ana Santiso (Náutico de Narón), estando entre os favoritos ao pódium na categoría masculina Jacobo Docrego (Jealsa Boiro), Andrés Cendán (Fluvial de Lugo), Cristobal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), Cristian Muíño (Inforhouse) e os locais Iván Puentes e Eduardo Saavedra (TriFerrol), Sergio Tejada e Pablo Freire (Náutico de Narón).
Dende a organización recordaron aos asistentes a este campionato a importancia de cumprir as medidas sanitarias e desexaron sorte a tódolos participantes neste evento deportivo.



Últimas noticias
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN
A ALCALDESA ASINOU TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON CLUBS DEPORTIVOS DA CIDADE
O PADROADO DE DEPORTES MODIFICARÁ OS HORARIOS DE NADO LIBRE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA A PARTIR DO 4 DE XANEIRO
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A FINAL DA "XXIX COPA GALICIA MASCULINA DE FÚTBOL SALA"
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA SUSPENDE OS CURSOS DE NATACIÓN DE ADULTOS E AS SESIÓNS DE NADO LIBRE PROGRAMADAS A ÚLTIMA HORA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal