Novas
 
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UN PARTIDO INTERNACIONAL DE FÚTBOL SALA ENTRE AS SELECCIÓNS DE JAPÓN E ARGENTINA NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DA GÁNDARA
O evento deportivo, organizado polo Concello xunto coa Real Federación Galega de Fútbol, contará coas medidas de prevención derivadas da Covid-19
Narón, 19 de agosto de 2021. As seleccións de fútbol sala de Argentina, actual campiona do mundo, e de Japón disputarán un partido internacional o vindeiro martes 24 de agosto no Pavillón polideportivo municipal de A Gándara ás 20.00 horas. O evento deportivo permitirá por primera vez que unha selección campiona do mundo, neste caso Argentina, xogue na cidade.
Este partido forma parte da preparación de ambas seleccións para participar no Campionato Mundial de Fútbol Sala que terá lugar en Lituania entre o 12 de setembro e o 3 de outubro do presente ano.
A selección de Japón permanece concentrada no concello naronés dende principios de agosto co seu adestrador, Bruno García, afincado en Narón, quen agradeceu a hospitalidade do Concello e o feito de ceder as instalacións da Gándara para os adestramentos. O concelleiro de Deportes, José Oreona, manifestou que esta confrontación deportiva está xerando unha gran expectación dentro e fora da comarca e informou que as persoas interesadas en presenciar este encontro deberán reservar as entradas a través da páxina web da Real Federación Galega de Fútbol.
O evento deportivo contará coas medidas derivadas da prevención sobre a Covid-19.



Últimas noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS E ACTIVIDADES CONVENIADAS E DE CLUBS NO PADROADO DE DEPORTES ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA O "I TORNEO CONCELLO DE NARÓN" DE BALONCESTO FEMININO
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XXVII TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "III TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal