Novas
 
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou os horarios nos que as instalacións estarán dispońibles para nado libre
Narón, 14 de setembro de 2021. O Concello reabrirá o vindeiro xoves, día 16, a piscina polivalente do complexo polideportivo municipal da Gándara para nado libre. As instalacións permanecerán abertas de luns a domingo, tal e como indicou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que explicou que se aproveitou o parón realizado para levar a cabo tarefas de mantemento.
De luns a venres a piscina estará aberta de 7.45 a 10.45 –en quendas de 45 minutos-; de 11.00 a 14.00 e, polas tardes, de 15.15 a 16.45 e de 20.45 a 22.15 horas. Entre o vindeiro xoves, día 16, e ata o 30 de setembro as instalacións tamén abrirán para bańo libre de 17.00 a 20.45.
Nas xornadas dos sábados poderase acudir ás sesións de bańo libre en horario de mańá e tarde, nas quendas establecidas entre as 8.30 e as 10.00 e tamén dende as 13.00 ata as 20.30 horas. Os domingos e festivos a piscina estará aberta todo o día, de 8.30 a 20.30 horas.
O edil naronés recordou que na actualidade se están levando a cabo tarefas de mantemento na piscina terapéutica, que precisaba dunha serie de intervencións. A reapertura destas últimas instalacións, tamén ubicadas no complexo polideportivo da Gándara comunicarase unha vez que rematen os citados traballos, tal e como apuntou Oreona.



Últimas noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS E ACTIVIDADES CONVENIADAS E DE CLUBS NO PADROADO DE DEPORTES ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA O "I TORNEO CONCELLO DE NARÓN" DE BALONCESTO FEMININO
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XXVII TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "III TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal