Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
As sesións, tal e como indicou o edil de Deportes, levaranse a cabo durante o mes d e outubro en parques da zona urbana e rural da cidade
Narón, 23 de setembro de 2021. O Concello retomará o vindeiro mes de outubro as sesións de deporte para persoas maiores en parques biosaudables da cidade. O edil de Deportes, José Oreona, indicou que as sesións se levarán a cabo en outubro nas instalacións localizadas en Xuvia, Freixeiro, Sedes, Castro, A Gándara, Praza de Galicia, Pedroso e San Mateo. “Trátase de sesións de balde, como na anterior ocasión, e que programamos para un mes, co requisito de que como mínimo estean inscritas tres persoas no parque no que se poderían levar a cabo”, explicou Oreona.
As sesións programadas serían: en Xuvia os martes de 10.00 a 11.00 horas; en Freixeiro os martes de 11.15 a 12.15; en Sedes os xoves de 10.00 a 11.00; en Castro os xoves de 11.15 a 12.15; na Gándara os venres de 11.15 a 12.15; na Praza de Galicia os venres de 11.15 a 12.15; en Pedroso os martes de 16.00 a 17.00 e en San Mateo os martes de 17.15 a 18.15 horas.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo dende hoxe ata o vindeiro 29 de setembro. De luns a venres polas mañás deben tramitarse nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara –de 8.30 a 13.30- e polas tardes e as fins de semana na Conserxería das citadas instalacións municipais –de 15.00 a 23.00 de luns a venres e de 8.30 a 23.00 horas os sábados e domingos.
“Sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan levaranse a cabo estas sesións nas que un monitor ou monitora se encargará de explicar ás persoas que acudan o correcto uso dos equipos instalados nos parques biosaudables”, explicou o edil de Deportes. Así mesmo animou á cidadanía apuntarse e recalcou que a través desta actividade “queremos fomentar a práctica do deporte ao aire libre, hábitos de vida saudables e tamén, seguindo todas as medidas sanitarias en vigor, a interacción entre a veciñanza”.



Últimas noticias
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "III TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "XI CAMPIONATO DE TENIS DE MESA" PARA PERSOAS CON PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL
O MEMORIAL "ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA" CELEBRARASE O 12 DE DECEMBRO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal