Novas
 
O MEMORIAL "ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA" CELEBRARASE O 12 DE DECEMBRO
Os concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda, que xa traballan na súa organización, confirman o regreso da media maratón trala suspensión en 2020
Neda, 4 de outubro do 2021. O Memorial Adolfo Ros Volta á Ría celebrarase o vindeiro 12 de decembro. Así o confirmaban esta mañá os concellos organizadores, Fene, Ferrol, Narón e Neda, que xa traballan na que será a XXXV edición da media maratón. Unha cita deportiva na que se lembra a memoria de Adolfo Ros, falecido o 18 de agosto de 1985 cando, nun acto de auténtico heroicismo, tentaba rescatar a varios bañistas en perigo na praia de Doniños
A semana pasada a casa consistorial de Neda, municipio no que recae este ano a dirección da organización, acollía unha primeira reunión entre os concelleiros de Deportes para marcar as liñas de traballo, que continuarán agora de forma periódica. Despéxanse así as dúbidas sobre a súa celebración, suspendida en 2020 pola situación sanitaria derivada da covid-19.
Tras analizar a evolución da situación, os catro concellos acordaban retomar o memorial, concentrando todos os esforzos organizativos no capítulo de seguridade e prevención, e comezando o traballo pola elaboración dos protocolos que rexirán o seu desenvolvemento.



Últimas noticias
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "III TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "XI CAMPIONATO DE TENIS DE MESA" PARA PERSOAS CON PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL
O MEMORIAL "ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA" CELEBRARASE O 12 DE DECEMBRO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal