Novas
 
A ALCALDESA E O EDIL DE DEPORTES RECIBIRON NO CONCELLO AO CLUB DE REMO NARÓN
Marián Ferreiro e José Oreona felicitaron aos representantes do club local polo ascenso á división A da Liga Galega de Traiñeiras
Narón, 21 de outubro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, recibiron onte no Concello aos integrantes do Club de Remo Narón, trala súa recente participación na Liga Galega de Traiñeiras. A tripulación naronesa foi a primeira clasificada da categoría B, o que supuxo o ascenso directo á división A desta Liga.
O equipo local conta ademais cos premios á Mellor patrona da Liga B e ao equipo revelación das Ligas, quedando tamén no cuarto posto na Bandeira da Deputación da Coruña. O presidente do club naronés, Martín Martínez agradeceu o apoio do Concello de Narón, recalcando que “resulta imprescindible para o desenvolvemento das nosas actividades e para a consecución das nosas ambicións e obxectivos deportivos”.
Ferreiro e Oreona felicitaron aos representantes do Club de Remo Narón que se achegaron ao Concello polo traballo que realizan e polos éxitos acadados nesta disciplina deportiva. Así mesmo, desexáronlles moita sorte nas vindeiras competicións que disputarán xa formando parte da división A da Liga galega, amosando a súa confianza en que, coñecendo a traxectoria deportiva do equipo, lograrán novos recoñecementos.



Últimas noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ MAÑÁ A "XXXII GALA DO DEPORTE DE NARÓN"
UNS 200 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO "XX TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CIDADE DE NARÓN. CAMPIONATO GALEGO DE LATINOS"
PISTOLETAZO DE SAÍDA PARA AS INSCRICIÓNS NO "XXXV MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA"
MARIÁN FERREIRO ENTREGOU AO FUTBOLISTA ADRIÁN MARTÍNEZ VARA O PREMIO AO "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2021"
UN CENTENAR DE DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO "XXVIII TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal