Novas
 
UNS 200 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO "XX TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CIDADE DE NARÓN. CAMPIONATO GALEGO DE LATINOS"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o evento deportivo xunto co edil de Deportes, José Oreona, e Jesús Marcos, representante do Club Baile Deportivo Narón
Narón, 18 de novembro de 2021. O pavillón polideportivo da Gándara acollerá o vindeiro domingo, día 21, a vixésima edición do Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón. Campionato Galego de Latinos. Uns 200 deportistas chegados de diferentes clubs galegos confirmaron a súa asistencia a esta convocatoria, presentada esta mañá pola alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, José Oreona, e Jesús Marcos, en representación do Club Baile Deportivo Narón.
A rexedora local destacou o feito de que “despois de dous anos sen podelo convocar pola pandemia da covid-19 retomamos o Campionato galego de Latinos na nosa cidade, un dos eventos deportivos máis arraigados na nosa cidade, donde son moitas as veciñas e veciños que practican este deporte, ben como afeccionados ou a nivel profesional, neste último caso colleitando numerosos éxitos nas competicións nas que nos representan, o que é todo un orgullo para nós”.
Un total de cinco xuíces, de Cataluña, Madrid e Portugal, serán os encargados de realizar as valoracións, dende as 12.30 ata aproximadamente as 20.00 horas. Antes do inicio do Campionato galego terá lugar unha exhibición de “breaking”, que é unha das especialidades da Federación Española de Baile que será olímpica en París 2024, tal e como explicou Jesús Marcos. O inicio do Campionato galego de Latinos está previsto para as 16.40 horas.
O representante do Club de Baile Deportivo Narón agradeceu a “gran colaboración do Concello de Narón para poder levar a cabo un ano máis este evento deportivo”. Pola súa banda, a alcaldesa e o edil de Deportes felicitaron ao club naronés polo seu traballo e animaron ás veciñas e veciños de Narón a desfrutar esta fin de semana deste campionato na cidade.



Últimas noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ MAÑÁ A "XXXII GALA DO DEPORTE DE NARÓN"
UNS 200 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO "XX TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CIDADE DE NARÓN. CAMPIONATO GALEGO DE LATINOS"
PISTOLETAZO DE SAÍDA PARA AS INSCRICIÓNS NO "XXXV MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA"
MARIÁN FERREIRO ENTREGOU AO FUTBOLISTA ADRIÁN MARTÍNEZ VARA O PREMIO AO "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2021"
UN CENTENAR DE DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO "XXVIII TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal