Concello de Narón
Novas
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NO EVENTO "ATRINTAEUNDOCE", A SAN SILVESTRE DE NARÓN
O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou a proba acompañado polo presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, e polos deportistas do citado club Sara Guerrero e Pablo Freire
Narón, 17 de decembro de 2021. O Concello organiza “Atrintaeundoce”, a tradicional San Silvestre, unha carreira para despedir o ano e que se celebrará o vindeiro 31 de decembro na cidade. O edil de Deportes, José Oreona, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron o evento acompañados polos deportistas da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Sara Guerrero e Pablo Freire. As inscricións poderán formalizarse a partir do vindeiro luns, día 20, a través da páxina web: https://galitiming.com/inscripciones-on-line.html. A cita desenvolverase pola tarde, ás 16.30 horas e cun percorrido sobre asfalto entre a rotonda de Freixeiro e a zona da Residencia San Xosé de Piñeiros, que permanecerá pechado á circulación rodada durante o desenvolvemento do evento. As primeiras saídas, ás 16.30 horas, serán as das categorías de “Pitufos” (2013 e posteriores), que realizarán un percorrido de 300 metros, para continuar ás 16.40 coa saída da categoría “Promoción” (2012-2006), cun tramo de 1.556 metros e a partir das 17.00 horas as “Senior (2005-1987) e “Máster” (1986 e anteriores). Os dorsais poderán recollerse o día 31 de decembro na carpa que se instalará nas inmediacións da saída/meta, na rontoda de Freixeiro, e dende as 16.00 horas do martes 29 ata as 21.00 horas do mércores 30 no establecemento Decathlon Ferrol. A normativa ao completo poderá consultarse nas webs do Padroado de Deportes de Narón: www.padroadodeportesnaron.com e en www.galitiming.com. A entrega de premios realizarase no parque de Freixeiro unha vez finalice a proba absoluta, concedéndose medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo. Na categoría de “Pitufos” darase un agasallo a todos os participantes e tamén se concederá un premio especial aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos absolutos da proba. Co fin de amenizar a xornada a charanga “O Rumbo” encargarase de animar o percorrido dende o inicio ata o remate desta carreira.
www.naron.es