Novas
 
A ALCALDESA ACUDIU ESTA MAÑÁ Á PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB CICLISTA NARÓN
Marián Ferreiro estivo acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, e da práctica totalidade dos integrantes do novo club local
Narón, 17 de abril de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, acudiron esta mañá nas inmediacións da Praza de Galicia á presentación oficial do Club Ciclista Narón. Acompañados polo presidente do novo club local, Samuel Bustabad, e da maioría dos integrantes do mesmo, Ferreiro e Oreona felicitaron ao novo club, destacando a gran afición ao ciclismo na cidade e o feito de que apostasen por Narón para constituíse, ao ter a súa sede en Santa Icía, nas instalacións do antigo centro de saúde.
A rexedora local e o edil de Deportes tiveron a oportunidade de coñecer aos membros da directiva do club. Así mesmo, Ferreiro ofreceu a colaboración do Concello “na medida do posible para levar a cabo eventos relacionados con este deporte na cidade”. A alcaldesa incidiu en que “é unha satisfacción contar cun novo club ciclista en Narón, integrado por un grupo de mulleres e homes que contribúen a enriquecer o tecido deportivo desta cidade e a potenciar o ciclismo, promocionando ao mesmo tempo as rutas existentes no termo municipal acondicionadas para percorrer en bicicleta e tamén novos espazos que habilitaremos a tal fin nos vindeiros meses, como a senda peonil e ciclista que enlazara os paseos de Freixeiro e Xuvia”.
Tras reunirse cos representantes do goberno local as persoas que forman parte do Club Ciclista Narón realizaron unha ruta polo termo municipal, que partiu do Concello e que rematou no local social da Picota, na parroquia do Couto.
As persoas interesadas en contactar co novo club ciclista poden facelo na súa sede, escribindo un correo electrónico á dirección: clubciclistanaron@gmail.com ou chamando por teléfono ao número 695 127 372.




Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL KAJUKENBO" ORGANIZADO POLO CONCELLO E O CLUB COMBAT NARÓN
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
A CIDADE ACOLLERÁ EN MAIO AS SEMIFINAIS E AS DÚAS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA FEMININO
O CONCELLO E O MOTO CLUB FOJETEIROS ORGANIZAN A "XV CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR Á ANDAINA DESTE DOMINGO POLA PENA MOLEXA E O MONTE DA LAGOA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal