Novas
 
UNS TRESCENTOS REGATISTAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NO "I CIRCUÍTO DE PIRAGÜISMO CIDADE DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o evento acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, e o presidente do Club de Piragüismo Narón, Óscar Niebla
Narón, 20 de abril de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou este mediodía acompañada do edil de Deportes, José Oreona, e de Óscar Niebla, presidente do Club de Piragüismo Narón, o “I Circuíto de Piragüismo Cidade de Narón”. A rexedora local avanzou que o evento deportivo reunirá este domingo, día 24, na zona do paseo de Xuvia a uns 300 regatistas chegados dun total de nove clubs de diferentes localidades da provincia e que realizarán percorridos máximos de 3.000 metros.
A competición, primeira das regatas do circuíto Deputación da Coruña, consta de seis regatas puntuables na provincia, sendo a de Narón a única de barcos de equipo, o que tal e como indicaron dende o club local “daralle unha espectacularidade engadida”. Disputaranse as categorías de prebenxamín a cadete, tanto de rapaces como rapazas e en canoa e piragua. As competicións comezarán ás 10.00 horas e está previsto que rematen sobre as 14.00 horas, momento no que se procederá á entrega de premios.
Dende o Club de Piragüismo Narón indicaron que se trata da especialidade K2 e C2, de barcos de equipo, e incidiron en que é un evento deportivo a través do que se aposta por promocionar a todos aqueles piragüistas que queiran competir. O presidente do club agradeceu a colaboración do Concello e tamén a das diversas empresas e entidades de Xuvia que respaldan esta convocatoria.
A alcaldesa destacou o traballo realizado polo Club de Piragüismo Narón e a súa traxectoria na cidade, valorando o feito que se poida celebrar na cidade este circuíto provincial e ofrecendo ao mesmo tempo a colaboración do Concello para futuros eventos encamiñados a promocionar a práctica deste deporte.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL KAJUKENBO" ORGANIZADO POLO CONCELLO E O CLUB COMBAT NARÓN
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
A CIDADE ACOLLERÁ EN MAIO AS SEMIFINAIS E AS DÚAS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA FEMININO
O CONCELLO E O MOTO CLUB FOJETEIROS ORGANIZAN A "XV CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR Á ANDAINA DESTE DOMINGO POLA PENA MOLEXA E O MONTE DA LAGOA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal