Novas
 
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que as sesións serán de balde e comezarán o vindeiro día 10 de maio
Narón, 28 de abril de 2022. O Concello retomará o vindeiro 10 de maio as sesións de deporte para persoas maiores en parques biosaudables da cidade. O edil de Deportes, José Oreona, indicou que as sesións se desenvolverán do 10 de maio ao 30 de xuño nas instalacións localizadas en Xuvia, Freixeiro, Pedroso, San Mateo, Sedes, Castro, A Gándara e a Praza de Galicia. “Á actual situación sanitaria permítenos convocar de novo esta actividade ao aire libre, sen custe algún para as persoas que queiran participar”, explicou Oreona.
As sesións programadas serán os martes en Xuvia de 10.00 a 11.00 horas; en Freixeiro de 11.15 a 12.15, en Pedroso polas tardes de 16.00 a 17.00 e en San Mateo de 17.15 a 18.15 horas. Nas xornadas dos xoves serán en Sedes de 10.00 a 11.00 e en Castro de 11.15 a 12.15 e, por último, os venres serán na Gándara de 10.00 a 11.00 e na Praza de Galicia de 11.15 a 12.15 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse poden facelo dende o vindeiro luns, día 2 de maio, ata venres 5 de maio nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara. O edil de Deportes avanzou que “para poder levar a cabo esta actividade é preciso que estean inscritas un mínimo de tres persoas para cada parque e horario”.
“Esta iniciativa prográmase una no máis para fomentar a práctica do deporte ao aire libre e, ao memo tempo, ofrecer á cidadanía os coñecementos necesarios, por parte de monitores profesionais, para utilizar os diferentes equipos instalados nos parques biosaudables da cidade”, explicou o edil naronés.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL KAJUKENBO" ORGANIZADO POLO CONCELLO E O CLUB COMBAT NARÓN
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
A CIDADE ACOLLERÁ EN MAIO AS SEMIFINAIS E AS DÚAS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA FEMININO
O CONCELLO E O MOTO CLUB FOJETEIROS ORGANIZAN A "XV CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR Á ANDAINA DESTE DOMINGO POLA PENA MOLEXA E O MONTE DA LAGOA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal