Novas
 
ÚLTIMAS PRAZAS PARA AS SESIÓNS DE IOGA NOS PARQUES DE FREIXEIRO E XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que as sesións se impartirán dous días á semana tanto en Freixeiro como en Xuvia
Narón, 29 de xuño de 2022. As sesións de ioga programadas dende o Padroado de Deportes de Narón comezarán o vindeiro luns, día 4 de xullo. As persoas que desexen preinscribrise dispoñen aínda dalgunhas vacantes para estas convocatorias, que terán lugar no parque de Freixeiro os martes e xoves e no de Xuvia os luns e mércores, en ambos casos de 9.00 a 11.00 horas –dúas sesións por xornada dunha hora de duración-. O prezo de inscrición é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros por persoa ao mes.
A convocatoria, tal e como recordou o edil de Deportes, José Oreona, diríxese a persoas maiores de 16 anos e formaranse grupos dun máximo de quince usuarias ou usuarios, sendo preciso un mínimo de sete inscritos para poder realizala. Será preciso aportar cada participante o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla.
As preinscicións poden realizarse chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 ou 2505), de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 e tamén presencialmente nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara.



Últimas noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO 27 DE AGOSTO A "III CARREIRA NOCTURA CIDADE DE NARÓN"
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO EVENTO "21 LEGUAS, OS 101 QUILÓMETROS DE NARÓN"
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO 13 DE AGOSTO O `I TORNEO CIDADE DE NARÓN DE MUS´
PRESENTADA A VI EDICIÓN DA BTT CIDADE DE NARÓN, QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 4 DE SETEMBRO CON DÚAS RUTAS ALTERNATIVAS E PASO POR LUGARES EMBLEMÁTICOS DO CONCELLO
PRESENTADA NO CONCELLO A IV BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS ´CIDADE DE NARÓN´, EVENTO DEPORTIVO ENMARCADO NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal