Novas
 
O CONCELLO E O CLUB DE REMO NARÓN PRESENTARON A TRAIÑEIRA DA ENTIDADE DEPORTIVA NA PRAZA DE GALICIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, participaron no acto xunto co presidente do club local, Juan Ignacio Cabana, e outros integrantes da entidade
Narón, 2 de xullo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, participaron a última hora da tarde de onte na presentación da traiñeira do Club de Remo Narón, xunto con integrantes da citada entidade deportiva. A convocatoria tivo lugar na Praza de Galicia, ata donde os representantes do club local se trasladaron coa embarcación.
O presidente do Club de Remo Narón, Juan Ignacio Cabana, agradeceu a colaboración do Concello “para que poidamos seguir competindo” e destacou que “o seu apoio é fundamental ano tras ano para este club”. Os integrantes do club local conversaron con Ferreiro e Oreona no acto de presentación da traiñeira, recordando algunhas das últimas probas nas que participaron esta tempada, como a “VIII Bandeira Marina Cabo de Cruz”, en Boiro, a “IX Bandeira Baía de Mera” ou a “I Bandeira Concello de Sanxenxo”, entre outras, donde obtiveron destacados resultados.
A rexedora local felicitou aos integrantes do Club de Remo Narón polo seu ascenso á Liga LGT A acadado na pasada tempada e na que competiron dende entón, “culminando unha etapa de gran esforzo”, asegurou. Ferreiro avanzou que xa están moi avanzados os traballos da reforma das instalacións do Club de Remo da Gándara, nas que o Concello inviste unha partida que ronda os 100.000 euros. “Trátase dunhas obras moi necesarias para este club local, que en breve estarán rematadas e que suporán unha importante mellora para que poidan traballar nas mellores condicións posibles e continuar desfrutando e facéndonos desfrutar de todos os seus éxitos como un dos mellores clubs da comunidade”, subliñou a alcaldesa.
O vindeiro mes de agosto celebrarase unha nova edición da Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón, que se presentará proximamente, tal e como indicaron dende o Concello e o club local.
O Club de Remo Narón conta na actualidade con preto de medio centenar de fichas e a patir do vindeiro luns, día 4, comezarán as Escolas de Verán, que se impartirán luns, mércores e xoves de 10.30 a 13.30 horas. As persoas que desexen anotarse –están recomendadas a partir de 8 anos- poden pasar polas instalacións do Club de Remo, na avenida do Mar (A Gándara), nese mesmo horario.



Últimas noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO 27 DE AGOSTO A "III CARREIRA NOCTURA CIDADE DE NARÓN"
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO EVENTO "21 LEGUAS, OS 101 QUILÓMETROS DE NARÓN"
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO 13 DE AGOSTO O `I TORNEO CIDADE DE NARÓN DE MUS´
PRESENTADA A VI EDICIÓN DA BTT CIDADE DE NARÓN, QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 4 DE SETEMBRO CON DÚAS RUTAS ALTERNATIVAS E PASO POR LUGARES EMBLEMÁTICOS DO CONCELLO
PRESENTADA NO CONCELLO A IV BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS ´CIDADE DE NARÓN´, EVENTO DEPORTIVO ENMARCADO NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal