|
DOS RECURSOS
ARTIGO 17 .- O financiamento para o cumprimento dos fins do Padroado efectuarase a través dos seus medios económicos,
que estarán formados por:
- A achega que aprobe o Concello Pleno.
- Toda clase de subvencións, achegas e doazóns económicas concedidas por organismos públicos ou entidades privadas.
- Ingresos que poidan reportar as actividades organizadas polo Padroado.
- Doazóns ou legados que se outorguen a favor do Padroado.
ARTIGO 18 .- Os ingresos e gastos do Padroado serán contabilizados polos servizos económicos do Concello, rendendo contas anualmente ao Concello Pleno o presidente. En caso de haber superávit contable esta cantidade pasará ao presuposto do ano seguinte posterior. Non obstante a Intervención de Fondos Municipal levará a cabo a fiscalización que establece a normativa legal vixente.
|