|
DOS USUARIOS
ARTIGO 19 .- Consideraranse abonados das instalacións deportivas municipais todas aquelas persoas que, previa a súa solicitude,
sexan admitidas.
ARTIGO 20 .- Os abonados clasificaranse do seguinte xeito:
- Abonados sénior.
- Abonados xuvenís.
- Abonados infantís.
ARTIGO 21 .- Poderán ser abonados sénior todas as persoas maiores de 18 anos e terán dereito ao uso de todos os deportes e servizos, previo pago das cantidades que se sinalen para cada un deles, de acordo coas normas de réxime interior e utilización establecidas ao respecto.
ARTIGO 22 .- Poderán ser abonados xuvenís os comprendidos entre os quince e dezaoito anos de idade, e poderán usar os servizos das instalacións deportivas nas condicións que se estipulen nas respectivas normas que se elaboren, excepcionándose o uso da piscina que se rexerá pola súa normativa específica.
ARTIGO 23 .- Poderán ser abonados infantís os menores de quince anos que queiran practicar calquera deporte. Deberán ser previa e expresamente autorizados polos pais ou titores, sinalando que eximen de toda responsabilidade a instalación deportiva e a Asemblea Xeral en caso de accidente de calquera clase que puidera sobrevir e, ao mesmo tempo, facerse responsable da súa conduta e danos que causen.
Todos os abonados e clubs poderán usar os servizos da instalación coas restricións que se estipulen en cada caso e aboarán por dito uso as tarifas especiais que propoña a Asemblea Xeral do Padroado e que serán aprobadas polo Concello Pleno.
|