|
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2011 a convocatoria de subvencións para asociacións, entidades e clubes de ámbito municipal, no eido do deporte dacordo coas bases aprobadas o 29 de abril de 2010 e publicadas íntegramente no DOG do 8 de setembro de 2010.
As solicitudes que se poderán retirar nas oficinas do Servizo de Deportes (Complexo Polideportivo Municipal da Gándara - Estrada da Gándara nº 148 - NARÓN) en horario de 09,00 a 13,00 horas, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no prazo máximo de 30 dias naturais.
O impreso para solicitude de subvención tamén poden atopalo na páxina Web do Concello de Narón (www.naron.es) no apartado "SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS 2011", donde poderán cubrir o mesmo e imprimilo para a súa presentación no Rexistro Xeral do Concello, nos prazos anteriormente sinalados.
Narón, 17 de febreiro de 2011 O Alcalde José Manuel Blanco Suárez
|